Para este tempo de Entroido o Museo de Pontevedra proponnos o concurso artístico infantil “Vestindo o Ravachol”

11 Febreiro 2021

Para este tempo de Entroido o Museo de Pontevedra proponnos un concurso artístico dirixido a nenas e nenos de 3 a 14 anos, que deberán crear o seu propio Ravachol vestido co disfrace que escollan e utilizando técnica libre (debuxo, pintura, colaxe, fotomontaxe…).

Todos os traballos serán expostos no zona vidrada do Edificio Castelao, no Facebook e na web do Museo de Pontevedra, e outorgarase un premio por cada unha das tres categorías establecidas.

Para participar

Só se admitirá unha proposta por nena ou neno que, opcionalmente, poderá vir acompañada dalgunha explicación, adiviña, cantiga ou poema.

Entenderase que a ou o menor conta coa autorización da súa nai, pai ou representante legal, quen enviará un correo  a gabinetedidactico.museo@depo.es no que se especifique o seu nome, o nome do seu fillo/a, a idade deste e un número de teléfono.

Na obra terá que figurar o título, nome e idade da autora ou autor e deberanse enviar fotografadas ou escanadas nun formato que non supere o tamaño DIN-A4 en posición vertical ou horizontal.

prazo límite de presentación do debuxo será o 18 de febreiro, quedando fóra de prazo os que superen esa data de entrega.

A participación no concurso implica a cesión ao Museo de Pontevedra dos dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública sobre as obras presentadas, así como a aceptación das bases.

Premios

Haberá tres categorías:

  • De 3 a 6 anos (categoría 1)
  • De 7 a 11 anos (categoría 2)
  • De 12 a 14 anos (categoría 3)

A autora ou autor da mellor obra en cada unha das categorías, recibirá un agasallo do museo adaptado á súa idade e poderá ver publicado o deseño do seu Ravachol na web e no Facebook do Museo de Pontevedra.

O xurado estará formado por profesionais do Museo de Pontevedra, que valorarán tanto a orixinalidade coma a calidade da obra en función da idade. O fallo coñecerase o 19 de febreiro e comunicarase o mesmo día ás persoas premiadas a través dunha chamada telefónica e da publicación da decisión na páxina web e do Facebook do Museo.

Está pasando!