O musical ‘El Gran Hotel de las Reinas’ regresa ao Auditorio Mar de Vigo esta fin de semana

6 Outubro 2022

  • Con Supremme De Luxe como mestra de cerimonias e Paca La Piraña como recepcionista, a segunda edición do musical El Gran Hotel de las Reinas regresa a Vigo despois do éxito do recollido o ano pasado
  • Entre as hóspedes do hotel estarán Sharonne, gañadora da segunda edición de Drag Race, acompañada doutras espectaculares drags, como Estrella Xtravaganza, Jota Carajota ou Samantha Ballentines

Despois do gran éxito acadado na súa parada en Vigo o pasado ano, o musical ‘El Gran Hotel de las Reinas’, regresará esta fin de semana ao Auditorio Mar de Vigo. Será en dúas funcións que terán lugar este venres 7 e o sábado 8 de outubro a partir das 20.30 horas.

‘El Gran Hotel de las Reinas’ é o primeiro gran musical drag producido no noso país e está protagonizado polas participantes do popular reality televisivo ‘Drag Race España’. É un show pensado para divertir con baile, humor, música en directo e os lip syncs, onde non faltan os deslumbrantes looks, a provocación, as sorpresas e a participación do público.

Tralo éxito da anterior edición, ‘El Gran Hotel de las Reinas’ volve xirar polas principais cidades do noso país, e recalará en Vigo cun show completamente renovado e doses extra de fantasía. As doce participantes da 2ª tempada deste talent show, converteránse nunhas hóspedes moi especiais. Coas súas irresistible personalidades, todas están dispostas a revolucionar este hotel, guiado por una diva absoluta como Supremme De Luxe, que conta como recepcionista con Paca La Piraña, coñecida pola súa aparición na serie televisiva ‘La Veneno’, e acompañadas por un servizo de botóns tan atractivo como camaleónico.

Entre o espectacular elenco non faltará Sharonne, gañadora da segunda edición da ‘Drag Race’, xunto con outras coñecidas drags como Estrella Xtravaganza, Samantha Ballentines, Jota Carajota, Marisa Prisa ou Onyx. Todas xuntas despregan en escena todo o seu talento para asombrar aos público con novas tramas e novas coreografías, levadas a cabo por máis de 20 bailaríns, con atractivas proxecións, unha montaxe brillate e grandes recursos  técnicos.

Na súa primeira xira, o espectáculo de El Gran Hotel de las Reinas, recolleu extraordinarias críticas, sendo considerado como un espectáculo que promove valores como a diversidade, a creatividade, o respecto e a positividade, nun mundo inclusivo e na defensa do colectivo LGBTIQ+.

El Gran Hotel de las Reinas é o primeiro dos grandes espectáculos que recibirá o Mar de Vigo este outono, antes da esperada chegada de Les Luthiers, do 21 ao 23 de outubro, da superprodución ‘El Médico, El Musical’, baseado no bestseller de Noah Gordon, do 11 ao 13 de novembro, ou do fermoso musical familiar ‘Peter, El Musical’, do 2 ao 4 de decembro.

Esta programación pode consultarse na web auditoriomardevigo.com. As entradas para todos os espectáculos están á venda a través de teuticket.com.


Está pasando!