O Nadal arrinca en Baiona este venres 2 de decembro na Alameda Carabela Pinta co acto de aceso da iluminación decorativa

30 Novembro 2022

Maxia, alegría, ilusión e, sobre todo, anhelos de paz. Son os valores do Nadal baionés para este ano reflectidos na programación de actividades e no cartel anunciador.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a concelleira da área de Cultura, Miriam Costas Iriarte, presentarán este xoves 1 de decembro ás 11:30 horas na plaza de abastos de Baiona os elementos característicos da festividade que recupera a totalidade das súas tradicións para grandes e pequenos, a máis diso informar de que estas darán comezo o venres 2 de decembro, ás 19:00 horas, na Alameda Carabela Pinta, co espectáculo ‘Thea, Deusa da luz’.

Thea, na mitoloxía grega significa «amplo brillo» e é unha divindade, considera como a deusa que outorgaba o brillo ao ouro e as pedras preciosas. Acompañada dos seus seis trasgos e o seu gran protector, percorrerán as rúas enchéndoas de maxia, fantasia e moitísima diversión.

Un espectáculo itinerante para todos os públicos que conta zancudos e os mellores animadores de Galicia. O brillo chegará iluminar toda a localidade grazas aos seus coidados traxes, cheos de luz led.

Tras a performance ás 20:00 horas procederase ao aceso da iluminación e do poboado de nadal, acto que será amenizado coa actuación musical ‘Speakeasy’.

Está pasando!