O obradoiro de animación á lectura ‘A Hora do Conto’ de Pavís Pavós, reanuda a súa actividade no Pazo da Cultura de Pontevedra

29 Xaneiro 2022

O obradoiro de animación á lectura ‘A hora do conto’, que tras 20 anos se vira interrompido pola situación sanitaria derivada da COVID 19, reanudará a súa actividade o vindeiro sábado 5 de febreiro no Pazo da Cultura.

Impartido por Pavís Pavós (Tareixa Alonso e Xacobe Rodríguez) ocupará nesta nova etapa o seminario 3, ubicado no primeiro andar do Pazo.

O horario de celebración da mesma será de 12:00 a 13.30 horas, e contará con 10 sesións comprendidas entre os sábados 5 de febreiro e o 7 de maio de 2022, agás o 26 de febreiro, 19 de marzo e 9 e 16 de abril.

A actividade, dirixida a rapazada de 4 a 11 anos, contará con 20 vacantes ás que se pode acceder dende hoxe mesmo a través da plataforma apuntate.pontevedra.gal 

Pavís Pavós é un grupo de contadores de historias fundado no ano 1997 coa finalidade de transmitir á cativada o gusto polos libros, ás historias e os contos. Traballan na recuperación do xeito tradicional de contar historias, e teñen participado e organizado encontros e festivais amais de levar as súas historias por centros culturais, bibliotecas e recunchos de todo o país.

No ano 2005 foi recoñecida o seu compromiso coa lingua galega ao recibir o premio Xoán Manuel Pintos.

Dende o ano 2000 realizamos o obradoiro de animación á lectura de Pontevedra ‘A Hora do conto’, un obradoiro pensado para realizar no Pazo da Cultura que ten unha continuidade ao longo dos anos e dirixido a participantes a partir dos catro anos de idade.

Está pasando!