O PAAR organiza a I Xornada ClicKultural. Experiencias patrimoniais sobe a(s) rede(s)

12 Abril 2021

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) organiza este ano 2021, dentro da súa oferta formativa, a xornada ClicKultural, centrada na divulgación do patrimonio galego en Internet e que se celebrará de forma presencial o vindeiro sábado 8 de maio.

O obxectivo principal desta actividade consiste en aprender “boas prácticas” na comunicación e divulgación da cultura galega online.

O PAAR agradece a colaboración e participación dos diferentes relatores de ClicKultural: Xurxo Salgado (Historia de Galicia), Ana Estévez (Museo do Pobo Galego), Carme Varela (Asociación O Sorriso de Daniel), Manuel Gago (Capítulo 0), Eva Abal (Asociación GaliciaTB) e Carlos Fernández (Asociación Apatrigal).

O custo é de 15 euros por persoa e a asistencia estará certificada por 8 horas.

É necesario confirmar asistencia previa. Inscricións ata o 5 de maio no formulario da web paar.es

Por último, desde o PAAR queren lembrar oseu esforzo continuo de cumprir todas as normas sanitarias para garantir a seguridade dos seus usuarios.


Está pasando!