A concelleira Came Fouces na presentación de ‘A Cova dos libros fantásticos’ | © Concello de Pontevedra

O Pazo da Cultura de Pontevedra abre ‘A Cova dos libros fantásticos’ o vindeiro 17 de novembro

14 Novembro 2022

  • Trátase dun proxecto que habilitou a biblioteca do Pazo como espazo lector, de encontro e de xogo para os máis cativos, onde disporán de máis de 3.000 títulos de literatura infantil e xuvenil
  • Estará aberto os luns e os xoves de 17.00 a 20.00 horas e os sábados de 10.30 a 11.30 horas
  • Programará accións específicas para datas sinaladas
  • A entrada é de balde pero será preciso facerse socio ou socia

O vindeiro 17 de novembro o Pazo da Cultura abrirá ao público ‘A cova dos libros fantásticos’, un proxecto da Concellaría de Cultura que onte presentou a concelleira Carme Fouces.

Despois do éxito de público en Ponteatro e en Domingos do Principal, que aínda seguen a súa andaina, a Concellaría de Cultura proxecta para mediados de mes unha nova iniciativa que se materializa na biblioteca do Pazo da Cultura.

Os nenos e as nenas disporán de 3.000 libros de literatura infantil e xuvenil nos andeis da Cova dos libros fantástico, que poderán ler, consultar e gozar deles os luns e os xoves de 17.00 a 20.00 horas e os sábados de 10.30 a 11.30 horas, até o 30 de marzo.

En datas sinaladas celebraranse encontros coas autoras, ilustradoras… faranse obradoios creativos, contacontos…

A entrada é de balde, mais hai que facerse socio para poder levar libros emprestados para casa e para coñecer a programación e as novidades que vai a ir ofertando a Cova.

Estará aberto todo o Nadal, agás na primeira semana de xaneiro.

Está pasando!