Presentación do Telescopio da Cultura | © Concello de Pontevedra

O Pazo da Cultura e o Teatro Principal de Pontevedra acollerán máis de 90 actividades para o derradeiro cuadrimestre do ano

8 Setembro 2023

  • Nelas están implicadas máis de 20 entidades de Pontevedra ou que escollen a cidade do Lérez para presentar as súas actividades
  • Música, teatro, cinema, poesía, crítica, etc. para que “todas as persoas atopen algo que as represente, pero tamén para que vexan a cultura con novos ollos”
  • No eido da música, con entradas de pago, Lagartija Nick, Silvia Penide ou Mercedes Peón súmanse a algunhas citas xa anunciadas como Rocío Márquez + Bronquío ou Morgan
  • A programación , baixo o nome de Telescopio da Cultura, pode consultarse en www.cultura.pontevedra.gal que é actualizado diariamente con novas actividades ou, no caso de habelas, modificacións das xa publicadas

O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez presentou onte o Telescopio da Cultura correspondente aos meses de setembro, octubro, novembro e decembro “aínda que aquí temos xa algún avance de xaneiro, pero está por completar. O mesmo que esta progamación, que está viva. O que temos hoxe aquí é a demostración de que Pontevedra non para. Temos da orde de 90 actividades nos 120 días que veñen por diante.

Música, cinema, teatro, poesía, plástica, reflexións sobre temas variados e diferentes combinacións de todas estas posibilidades que dixen, porque Pontevedra é un fervello non só durante o verán. Temos ao longo de todo ano una programación abundante, de calidade e moi variada que cumpre o noso obxectivo: que todas as persoas de Pontevedra atopen algo que as represente, e tamén que teñan a posibildade de descubrir a cultura cunha nova ollada, descubrir novos mundos, que é o que fai a cultura, e sorprendernos cando asistimos a un espectáculo, recital ou calquera destes eventos.

Antes de destacar agunha das actividades concretas do programa, que serán presentadas de xeito individual ao longo das próximas semanas, Demetrio quixo destacar “o orgullo que dá traballar na Cultura en Pontevedra. Agradecer a colaboración, o esforzó, o traballo e a ilusión que lle pon moitísima xentes nesta cidade para que poidamos poñer en pé unha programación desta inmensa calidade.

No programa hai sobre 20 entidades coas que colabora o Concello, a Universidade de Vigo, Manaia, Banda de Música de Salcedo, Sociedad Filarmónica de Pontevedra, Novos Cinemas, Asociaicón Cultural Os Carballiños, a Fundación Cuña – Casasbellas, a Coordinadora de Corais, Teatro Akatro, ‘Os de Algures’, Sete Espadelas, son entidades de Pontevedra oun ben que escollen Pontevedra para presentar as súas actividades e traballar con eles é, para esta Concellaría, o máis importante do traballo que facemos. Iremos presentando con elas e eles cada programación concreta das que están por vir nos próximos meses”.

Do programa xeral, que irá presentando as actividades de xeito individual nas próximas semanas, Demetrio quixo destacar “os concertos que temos que son de pago, que xa teñen case todos as entradas á venda e é recomendable ir collendo sitio.

Empezamos o 23 de setembro, no medio do Tríatlon cunha artista galega – xa que queremos contribuír a poñerlle un espazo especial as artistas e os artistas galegos – Silvia Penide. Chega nunha data moi especial, Día mundial da Linguaxe de Signos e será un concerto accesible con intérprete de lingua de signos que xa ten as entradas á venda en Ataquilla.com.

O 7 de outubro, temos un concerto aínda por presentar e que en breve terá as entradas a venda: Mercedes Peón con case 40 anos de traxectoria e 20 anos do seu primeiro disco, pouco máis se pode dicir. É un traballo que combina performace, video, canción, compromiso coa loita de xénero e poñer en cuestión cales son os resortes que utiliza o poder.

O día 21 de outubro en Voices contaremos con Rocío Márquez e Bronquío con flamenco e electrónica, para o que xa podedes mercar entradas.

A fin de semana de 3, 4 e 5 de novembro será moi intensa: o 4 temos nas Matinés temos a Lagartija Nick – con entradas á venda próximamente – presentando o seu 14º disco ‘El perro andalúz’ que é unha homenaxe a Luis Buñuel. Leva varios álbumes facendo homenaxes á Xeración do 27, incluso poñendo en velor persoas non tan coñecidas. De aí o interese.

Aproveitando a presencia de Lagartija Nick, o día 3 imos presentar un documentario/videocreación titulado “La importancia de llamarse Ernesto y la gilipollez de llamarse Eric”. Autobiográfico, dirixido polo propio Eric Jiménez, batería de Lagartija Nick ou máis coñecido por ser batería de ‘Los Planetas’ que contará con posterior coloquio. Xa en xaneiro, o 27, contaremos con Morgan e o seu fin de xira ‘The river tour’, que ten xa entradas á venda.

É difícil destacar unhas actividades sobre outras, todas son interesantísimas e teñen o seu público e tamén permiten ser descubertas pos públicos novos pero nestas, nas que como vos dicía é preciso coller sitio porque prevemos que os teatros estean cheos, son as que queríamos poñer polo momento en primeira liña”.


Está pasando!