Tom Glendenning coa súa obra | © Faik Borja

Tom Glendenning, pintor e muralista afincado en Pontevedra, expón a súa arte abstracta na galería Musart

8 Agosto 2023

A galería Musart de Pontevedra durante o mes de agosto, unha exposición de arte abstracto de Tom Glendenning.

Tom Glendenning, nacido en 1991, é un pintor e muralista afincado en Pontevedra cuxas pinturas se expuxeron tanto a nivel nacional como en Reino Unido e Alemaña.

A súa arte caracterízase por ter fortes contrastes de cor e de texturas así como por un trazado marcado e expresivo formando unha aleatoriedad controlada caracteristica da arte abstracto.

Nas obras que temos expostas, o seu obxectivo principal foi sempre crear un sentido de lugar dentro de cada superficie, relacionando nelas as contornas urbanas e naturais; ademais de cuestionar a perspectiva do espectador en todo momento ofrecendo referencias tanto aéreas como paisaxísticas.

Así mesmo, a inspiración de cada cadro tamén varía, centrándose por exemplo na arte rueira e os edificios abandonados, reflectindo a decadencia urbana; así como noutras obras vemos claras influencias de artistas abstractos como Willem de Kooning ou Joan Mitchell.

Visitable do 3 ao 31 de agosto na Galería Musart de Pontevedra (Rúa dos Ferreiros, 28 Planta Baixa 001), no seguinte horario:

  • Luns: de 11:30 a 13:30 horas e de 19:00 a 21:00 horas.
  • Martes: de 10:30 a 13:30 horas e de 19:00 a 21:00 horas.
  • Mércores: de 11:30 a 13:30 horas e de 19:00 a 21:00 horas.
  • Xoves: de 11:30 a 13:30 horas e de 19:00 a 21:00 horas.

Está pasando!