Presentación do ciclo ‘Teatro de Barrio’ | © Concello de Pontevedra

O Teatro Principal de Pontevedra acolle do 13 ao 17 de setembro o ciclo de teatro afeccionado ‘Teatro de Barrio’, da man da Asociación ‘Os Carballiños’ e composto por 5 espectáculos

11 Setembro 2023

  • Os grupos de teatro Salcedo Norte, Aula de Expresión, Lúa chea, Xenio e Ilusionistas son os encargados de levar a escena as diferentes pezas de creación propia ou adaptacións
  • Os espectáculos de mércores a sábado, destinados a público adulto, terán lugar ás 21:00 horas no Teatro Principal. A representación do domingo 17, dirixida a público familiar, dará comezo ás 19:00 horas
  • As entradas xa están á venda a un prezo simbólico de 2 euros en Ataquilla.com e, de non esgotarse, unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal

O concelleiro de Cultura de Pontevedra, Demetrio Gómez presentou o pasado venres, – acompañado polo representante da Asociación ‘Os Carballiños’ Manuel Solla – a mostra de teatro afeccionado ‘Teatro de Barrio’ que terá lugar do 13 ao 17 de setembro no Principal.

Demetrio destacou que vén da man de “cinco grupos da contorna de Pontevedra. Felicitalo porque en Pontevedra e contorna existe unha cantidade potente de grupos de teatro dos que aquí temos unha boa representación e está ben que desde o Concello poñamos todos os medios para que estar persoas que ensaian, que traballan, que fan todo o necesario para que o teatro poida estar vivo en Pontevedra, teñan un espazo digno e unha maneira digna de representar as súas obras. Cando digo todo refírome a todo, porque nestes grupos elaboran ou adáptanos textos, decorados, maquillaxes, fan o vestiario, alumean, sonorizan e todo o posible para que unha obra se poña en pé.

Podemos pensar que é algo pequeniño pero nestes grupos empezan as carreiras dos e das grandes actores e actrices do teatro galego e ademáis cumpre un importantísimo labor social, tanto de difusión da literatura, da creación,etc. e non só de difusión de grandes obras senón do coñecemento de como se fai unha obra literaria, como se crea unha obra de teatro, cales son os límites as que se enfronta unha creadora ou creador, etc. e ese labor é extraordinario sobre todo entre persoas que ao mellor non tiveron a sorte de poder estudar no seu momento. Polo tanto, parabéns e agradecementos á Asociación ‘Os Carballiños’.

Pola súa banda, Manuel Solla, representante da asociación contextualizaou que “esta semana bebe das xornadas de teatro afeccionado que había antiguamente na cidade, das que fixemos co IES Valle-inclán sobre teatro en valores, tamén con centros escolares onde xuntamos como 15 colexios facendo obras no Principal. Recolle todo o que se fixo antes con intención de ampliar máis, xa que cando empezamos hai moitísimos anos con estas mostras, á xente costáballe ir ao teatro profesional e o teatro afeccionado sería como revulsivo para que a xente se acostumara un pouco. Isto, sumado á promoción que se fixo do teatro profesional, para que o público fora aumentando. A mostra que hoxe presentamos ten a particularidade de que son grupos de teatro non só de Pontevedra senón da contorna, ampliamos un pouco o que é o espazo e tamén coa intención de nun futuro pasar de afeccionado a profesiona, xa que na cidade xa se teñen creado grupos de teatro profesional que é bo que a xente os vexa.



Mércores 13 de setembro ás 21:00 h.

• ‘Hoxe como noutrora’ de Salcedo Norte

Con temática social, xa que fala de emigración partindo da adaptación de catro fragmentos da obra de Varela Buxán – o autor galego chamado poeta do pobo – todos eles relacionados coa emigración e outros aspectos da problemática social da Galicia da época que seguen vixentes na actualidade: a soidade, a precariedade, o despoboamento rural, o rexeitamento do propio.

Xoves 14 de setembro ás 21:00 h.

‘Licor de ameixa’ de Aula de Expresión

Fala da muller e da liberdade, de mulleres presa pola presión familiar. Ë a historia dunha familia contada a través das súas mulleres, «catro xeracións de mulleres, un xogo da memoria e do tempo, a historia da vella casa familiar da que todas as mulleres querían fuxir. E se o tempo parara, e nos decatáramos que somos “mulleres que non serven para nada”. Non queren servir a ninguén, queren servir só para elas, queren liberarse.

Venres 15 de setembro ás 21:00 h.

‘Por fin sós’ de Lúa chea

Unha comedia acumulativa que fala da soidade das persoas maoires de xeto sutil e humorístico, interpretada polo citado grupo de teatro no que a rapaza máis nova ten 16 anos e a maior sobre 80. “Unha parella está a punto de estrear o séu nidiño de amor, despois de tanto tempo preparando e soñando, chegou o gran día para disfrutar dunha velada sós. “Como yo te amo nadie te amará” Sí pero…. chaman a porta”.

Sábado 16 de setembro ás 21:00 h.

‘Ladrón de corazóns’ do Grupo Xenio

O grupo de teatro máis antigo de Pontevedra que leva como 48 anos en activo, presenta a comedia que pechará as pezas destinadas a adultos. Nun edificio da comunidade do “Corazón” en tres pisos acontecen tres historias distintas. No 8ºA escoitan un ruido, no 5ºC alguén está moi nervioso porque está a piques de se declarar, e no 3º B están preparando unha cea de amig@s, pero nada é o que parece. Historias que tratan do amor, das relacions, dos malosentendidos, da vida.

Domingo 17 de setembro ás 19:00 h.

‘Non queremos perdices’ de Ilusionistas (Público familiar)

Versión moderna e actualizada da Cincenta, con cancións en directo, coreografías e unha escenografía moi especial. Todo aderezado con humor e diversión para disfrutar en familia.

Para pechar a rolda Solla afirmou que “ é unha mestura bastante interesante, donde hai para todos. Agardemos que Pontevedra reaccione e o disfrute, e que se xeren sinerxias entre grupos, xa que ao remate faremos coloquio para que público faga preguntas aos actores, a dirección, etc. que se coñezan os grupos de teatro entre eles e isto vaia medrando cada vez máis.”

As entradas para todos os espectáculos están xa á venda en Ataquilla.com a un prezo simbólico de 2 euros e tamén cada día unha hora antes de cada pase.

Está pasando!