O programa didáctico o ‘O Museo en Camiño’ fará parada en Redondela o venres 16 de abril

7 Abril 2021

A Concellaría de Cultura de Redondela en colaboración coa Deputación e o Museo de Pontevedra achega ao municipio redondelán o programa didáctico O Museo en Camiño.

Chega así á nosa vila un programa itinerante cunha escolma do patrimonio do Museo de Pontevedra para nenas e nenos, de 6 a 12 anos, en colaboración co programa “O teu Xacobeo”.

O vindeiro 16 de abril de 17:00 a 19:00 horas, no Multiusos da Xunqueira, realizarase unha actividade na que as nenas e nenos poderán coñecer, acceder e traballar con unha selección de pezas representativas da colección do Museo.

En torno a elas desenvolverase de balde un obradoiro de expresión plástica, unidade didáctica creada expresamente para achegar as marabillas culturais do Camiño de Santiago ó seu paso por Galicia e Redondela.

Ademáis de coñecer unha representación da colección permanente deste Museo, a cativada terá a oportunidade de comprender a vinculación da súa poboación coa milenaria ruta Xacobea e apreciar o valor do patrimonio artístico próximo.

Para poder cumplir cos protocolos de prevención de contaxio da covid-19,  é preciso reservar previamente plaza a través do correo contacto@tallerabierto.info pois as plazas serán limitadas.


Está pasando!