Quinkillada ‘Paso a Pas’ | Culturactiva

O programa ‘+Música’ da Deputación de Pontevedra leva o 29 de agosto ao Parque Irmáns Dios Mosquera de Valga á banda Quinkillada

28 Xullo 2025

A Deputación de Pontevedra leva o venres 29 de agosto ao Parque Irmáns Dios Mosquera de Valga á banda Quinkillada, enmarcado na nova edición de ‘+Música’, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas.

Quinkillada é a sinerxia entra a maxia da verbena galega e a forza dun festival. A banda nace no 2020 en Santomé de Piñeiro, unha pequena parroquia de Marín na que conflúen os ingredientes necesarios para emular a calor dunha gran queimada cargada da forza da cumbia, o ska e o rock en galego.

Quinkillada ‘Paso a Pas’ | Culturactiva

Da versión de temas coñecidos deron paso á composición de temas propios. Tras catro anos percorrendo os escenarios de toda Galicia, con máis de 80 concertos ás súas costas, con proxectos como ‘Puro Inferno’ ou ‘Gozar, sentir bailar’, a banda de Bueu amplía as fronteiras da súa música para chegar a novos territorios. Unha expansión que vén da man do seu espectáculo máis recente, ‘Paso a pas’.

Neste novo espectáculo, Quinkillada aposta por renovar a súa posta en escena, coidando a iluminación e a estética dos seus directos para facer da súa proposta un enorme convite á festa, coherente no visual e no musical.

‘Paso a Pas’ é tamén unha aposta por exportar a verbena galega a novas salas e territorios, como a histórica Razmatazz de Barcelona, compartindo cartel con Buhos, unha das bandas de rock festivo máis relevantes da escena catalana.

A flexibilidade e variedade da súa proposta fai que a Quinkillada sexa a opción perfecta para festivais e verbenas. Os seus directos conquistan a todo tipo de públicos; non hai quen se resista á súa chamada á festa.

Está pasando!