O sábado 17 de maio, no espazo MUTA de Vigo, Uxía Rodríguez presentará o seu libro ‘Areata de mi vida’

13 Maio 2025

O sábado 17 de maio, ás 19:15 horas en MUTA (Rúa Joaquín Loriga, 9, Vigo), Uxía Rodríguez presentará o seu libro ‘Areata de mi vida’, publicado pola Editorial Loto Azul.

‘Areata de mi vida’ é unha obra de poesía profundamente íntima, nada do impacto emocional tras o diagnóstico dunha enfermidade autoinmune. Un testemuño en verso sobre identidade, duelo e transformación.

“Imaxínate amencer un día sen unha cella, tocar o pelo e velo desprenderse sen dor. Mirarte ao espello e non recoñecerte. Probar perrucas que che devolvan a autoestima. Vestir un pano oncolóxico sen pasar por quimioterapia. Imaxína que che diagnostican da noite para a mañá unha enfermidade para a que non existe cura e só podes aceptar a súa evolución”.

Así se introduce ‘Areata de mi vida’, unha obra que recolle toda a rabia, o medo, a ansiedade e tamén a aprendizaxe dunha experiencia profundamente transformadora. Máis que un libro, é unha forma de procesar o vivido, de facer fronte á dor, de volver amar o reflexo que devolve o espello. Unha invitación para acompañar á autora nunha montaña rusa de emocións tan universais como únicas.

Sobre a autora

Nacida en Vigo o 14 de febreiro de 1995, Uxía Rodríguez é unha apaixonada das emocións fortes, a comunicación e a saúde. O seu nome galego, tan singular como a súa voz poética, sempre a obrigou a explicar a súa “x” alá onde foi.

Estudou Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid, onde comezou a súa andaina en medios de comunicación.

Sen perder de vista a súa vocación, decidiu máis adiante formarse en Nutrición e Dietética, e actualmente dirixe o seu propio centro en Vigo, onde combina a súa paixón por informar co acompañamento a persoas que queren mellorar o seu benestar.

“Son un océano —di— e escribir poesía é a única forma que coñezo de deixarte entrar nas miñas profundidades.”

Está pasando!