Presentación da proba ‘Ribeira do Tea’ | © Concello de Salvaterra de Miño

O sábado 30 de setembro Salvaterra de Miño acolle a saída da quinta proba deportiva ‘Ribeira do Tea’

20 Setembro 2023

O pasado luns, 18 de setembro, tivo lugar a presentación da proba deportiva ‘Ribeira do Tea’, organizada polo Clube de Montaña os Caminhantes do Condado en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño e o Concello de Ponteareas.

Dende a Pandemia non se facía esta proba de 16km, que se celebrará o sábado 30 de setembro, con saída en Salvaterra e chegada en Ponteareas, a través dos sendeiros co Río Tea como testemuña para os corredores da categoría Absoluta e Veteranos.

A saída da proba terá lugar ás 10:00 horas dende o recinto amurallado de Salvaterra de Miño.

Máis información e inscricións en www.caminhantesdocondado.es


Está pasando!