Pablo Prado | Salón do Libro

O Salón do Libro encara a última semana cun intenso programa de faladoiros creativo-literarios para adultos

3 Maio 2021

Paralelamente á programación infantil e xuvenil, familiar e escolar da XXII Edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, con máis de 300 actividades, esta edición inclúe, como novidade, un ciclo de faladoiros arredor da creación literaria e plástica, que comezou o pasado xoves cun diálogo interxeracional arredor da creación en banda deseñada, con Miguelanxo Prado e Pablo Prado.

Nesta semana, terán lugar as seguintes actividades:

Martes 4 de maio, 19.30 h.

Encontro lector con Kiko Dasilva sobre Os berros da motocicleta. Conduce: Montse Fajardo.

Salón de actos do Pazo da Cultura

Inscricións en www.salondolibro.gal

Mércores 5 de maio, 19.30 h

Encontro lector con Montse Pena Presas a partir da obra Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias. Conduce: Rosalía Fernández Rial

Libraría Paz

Inscricións en salondolibro@pontevedra.gal

Xoves 6 de maio, 19.30 h

Encontro lector con Editorial Catroventos: libros para salvar o planeta. Participa o editor: Isidro Dozo.

Libraría Paz

Inscricións en salondolibro@pontevedra.gal

Venres 7 de maio, 19.30 h

O oficio da escrita: Ledicia Costas e Mariña Maceiras

Salón de actos do Pazo da Cultura

Inscricións en www.salondolibro.gal

Sábado 8 de maio, 19.30 h

Meu dito, meu feito: unha achega á BD autoeditada

Actividade en colaboración con AGPI .Cristian Fojón, Inés Casajeros e Miguel Porto. Modera Óscar Iglesias

Salón de actos do Pazo da Cultura

Inscricións en www.salondolibro.gal

O Salón, ademais do lecer e a oferta do público escolar e familiar, busca ser un espazo de reflexión, de debate, de intercambio de ideas e iniciativas entre creadores e creadoras, tanto de textos como de ilustracións, arredor da vizosa Literatura Infantil e Xuvenil.

Está pasando!