O sendeirismo e a marcha nórdica daranse a man no desafío “La Icónica” que terá lugar os días 26 e 27 de setembro

5 Setembro 2020

O primeiro día coa etapa entre Oia e A Guarda. A segunda comezará na desembocadura do río Miño e rematará en Tui. Todos estes concellos, incluíndo os de O Rosal,  Tomiño e tamén as cámaras municipais de Vilanova de Cerveira e Valença do Miño, uníronse a esta iniciativa da que se agarda un amplo respaldo popular. O primeiro en inscribirse foi o actor, presentador de televisión e destacado deportista David Amor, que se ten convertido na imaxe da proba.

Todos co bastón que se emprega na marcha nórdica. Así se presentaron as autoridades no  acto que deu comezo oficial á iniciativa que de novo impulsa Serafín Martínez, o descubridor de novos formatos para realizar este tipo de proxectos nunha época tan complicada pola pandemia. Foi o encargado de desvelar algúns detalles, como a utilización do bastón. Ao respecto dixo que “aínda que poda parecer de que se trata dun elemento de apoio, a verdade é que se emprega para lograr impulso e, ademais, ten a vantaxe de que evite realizar unha gran carga de traballo físico sobre as costas”. Como deseñador da ruta, indicou que cada participante terá un dorsal, tanto para a proba de sendeirismo como para a de marcha nórdica, pero non se realizará ningunha clasificación final.

Ao acto asistiron Cristina Correa, alcaldesa de Oia, a rexedora municipal de O Rosal, Ánxela Fernández e tamén José Monte, vareador de Deportes de la Cámara Municipal de Valença do Miño. No acto tamén estivo presente Laureano Alonso, concelleiro de turismo do Concello de Tui, e Montse Magallanes, concelleira de deportes do Concello da Guarda.

Carlos Amor, que é a cabeza visible da iniciativa, sinalou que “me parece sensacional que se realicen este tipo de iniciativas. Tengo especial arraigo con el Baixo Miño, por lo que es algo especial el poder participar de forma activa en la Icónica”.

Serafín Fernández tamén desvelou que se sortearán varios agasallos entre os participantes, tanto na ruta de sendeirismo como na de marcha nórdica, entre eles unha viaxe con estancia de varios días en Canarias. Ao mesmo tempo, se premiará tamén á mellor contribución ecolóxica, ao animar aos participantes á recollida de residuos durante o seu traxecto. La Icónica terá lugar os días 26 e 27 do presente mes de setembro, sábado e domingo, en Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño, Vilanova de Cerveira, Valença do Minho e Tui.

As inscricións se poden realizar na páxina web laiconica.es

Está pasando!