O taller audiovisual amateur “Pontevedra Rodando” regresa en versión online a partir do 15 de febreiro

2 Febreiro 2021

Fotografía do curso celebrado a ano pasado.

Do 4 ao 14 de febreiro ábrense as inscricións para a cuarta edición do taller audiovisual “Pontevedra Rodando”, que se levará a cabo nos meses de febreiro e marzo de 2021.

“Pontevedra Rodando” é un taller audiovisual amateur para xente de todas as idades desde 13 anos, organizado por «Volvemos a Primeira, producións audiovisuais» e apoiado pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra e a Pontevedra Film Commission.

A edición deste ano será 100% en liña e celebrarase entre os días 15 de febreiro e 7 de marzo. Aprenderemos o proceso creativo e técnico para levar a cabo unha rodaxe dunha pequena peza audiovisual de ficción, documental, musical…

O taller dividirase en 6 sesións en liña tutoradas por profesionais do audiovisual. As clases durarán 2 horas e serán en dúas posibles quendas (martes e xoves de 10:00 a 12:00 h. ou martes e xoves 20:00 a 22:00 h.) Será necesario decantarse por un deles para compoñer os grupos.

O curso é gratuíto, pero es necesario reservar plaza.

+info. e inscrición en volvemosaprimeraproducciones.com

Está pasando!