Pasión Vega | Bernardo Doral

O Teatro Afundación de Vigo programa 51 espectáculos entre os meses de xaneiro e xuño, un cada 3 días

9 Xaneiro 2026

  • 24 obras de teatro e monólogos, 23 concertos de música clásica e popular, danza, ballet, e dous espectáculos para a infancia.
  • Así ata 51 propostas que se poderán ver en 54 funcións diferentes entre xaneiro e xuño, ou o que é o mesmo: un espectáculo cada 3 días.
  • A programación comeza cunha intensa actividade en xaneiro: un total de 12 propostas que inaugura ‘Bibopaula’. O espectáculo, o día 2 ás 17.30 horas, e remata con ‘Coaches de choque’, un espectáculo de improvisación con Oswaldo Digón e Rafa Durán.

O mesmo día no que nenas e nenos poderon desfrutar de ‘Bibopalula’. O espectáculo, o Teatro Afundación programau tamén, ás 21 horas, ‘Pepe y Lucas: Dentro y Fuera’. A obra, que se representou no Auditorio do Teatro Afundación en Vigo, repetiu un día despois no mesmo emprazamento. E nese día volveu coincidir con outra proposta infantil no mesmo recinto: ‘El Show de la Fantasy House’. Púidose ver o 3 de xaneiro ás 17 horas.

O humor tomará o relevo con ‘Noites de Retranca’ o día 9, un clásico na programación de xaneiro. O mesmo que o Concerto de Año Nuevo de Viena, que nesta ocasión corre a cargo da Philharmonic Ensemble, formada por músicos vencellados á Orquestra Filharmónica da capital austríaca.

O espectáculo teatral ‘Hora Treintaypico’ -16 de xaneiro-, o regreso da cantante galega Sés en directo en Vigo -día 17-, a representación do ballet ‘O crebanoces’ a cargo do Ballet Clásico Internacional -o venres 23-, e o concerto tributo a Maná chegan tamén en xaneiro.

Ademais, o xoves 29 comezan as funcións da Tempada de Abonos de teatro de 2026 coa obra ‘Los lunes al sol’.

A representación de ‘O crebanoces’ é unha das dúas citas coa ballet no Teatro Afundación no primeiro semestre de 2026. Xa o 3 febreiro, o Ballet de Kiev volverá unha vez maís ao escenario principal da Obra Social de ABANCA en Vigo con ‘A bela durminte’.

As entradas para boa parte destes espectáculos xa están dispoñibles en Ataquilla.com.

Luz Casal

Música: Da clásica ao pop

A carteleira musical mantén un equilibrio entre música culta e música popular. A Real Filharmonía de Galicia preséntase en catro ocasións: en xaneiro, febreiro, marzo e abril.

A estas citas súmanse as actuacións da Orquestra Vigo 430, con concertos en febreiro e marzo; a da Philharmonische Streichquintett Berlin, que se presenta en febreiroa; e a Orquesta Sinfónica de Galicia e o Quinteto Lunfardo, que comparecen en maio.

Ademais, a Royal Film Concert Orchestra volverá facer un repaso das grandes composicións sinfónicas para cinema no Teatro Afundación o 21 de febreiro.

No apartado de música popular, inaugura a programación Sés o sábado 17 de xaneiro.

En febreiro celebraranse os concertos de Zenet -día 7-, Luz Casal -o 26-, e La Banda Sabinera -0 28-.

E será precisamente unha artista que fixo importantes colaboracións con Sabina, Pasión Vega, quen se presente no escenario do Teatro Afundación o 6 de marzo cun espectáculo que homeanaxea a outro creador icónico da cultura española das últimas décadas: Pasión Vega fara un repaso polas cancións das películas de Almodóvar o 6 de marzo.

Un día despois, o día 7, será Amancio Prada quen se presente para celebrar o cincuenta aniversario do seu disco en homenaxe a Rosalía de Castro.

O público do Teatro Afundación tamén poderá asistir no primeiro semestre a senllos concertos tributo a Michael Jackson, Mecano e Maná e aos directos de El Arrebato e o grupo techno-pop de OBK.

‘Aguilera y Meni: Misión: Impro-sible’

Humor para todos os públicos

O público que prefire o humor e a comedia poderá asistir a unha ampla oferta de espectáculos. Ademais das citas de xaneiro, o teatro acollerá en febreiro aos monologuistas Pablo Meixe -venres 6-, Pablo Ibarburu -o sábado 7-, e á obra ‘Aguilera y Meni: Misión: Impro-sible’ -o 20-.

En marzo comparecen no Teatro Afundación Abián Díaz -día 1- e Facu Díaz -o 21-. Pantomima Full e Patricia Espejo chegan en abril, o mesmo que Hovik Keuchkerian, o actor libanés que se fixo popular en España pola súa participación na serie ‘La Casa de Papel’ e que presenta o monólogo ‘Grito’.

Imanol Arias e María Barranco | Javier Naval

A vida a escena: Tempada de Abono de Teatro

A Tempada de Abono de teatro presentará sete espectáculos no primeiro semestre. Tras a inauguración en xaneiro con ‘Los lunes al sol’ —obra cuxa trama se desenvolve en Vigo—, a programación continuará en febreiro con ‘Yo solo quiero irme a Francia’, protagonizada por María Galiana.

En marzo será a quenda de ‘La música’, con Ana Duato e Darío Grandinetti, e o monólogo de Anabel Alonso en ‘La mujer rota’.

O semestre avanzará en abril coa comedia ‘Mejor no decirlo’, con Imanol Arias e María Barranco.

O xoves 7 de maio o público poderá asistir a ‘Querida Agatha Christie’, protagonizada por Carmen Morales.

O broche final á tempada porao en xuño a obra ‘Inmaduros’, liderada por Carlos Sobera.

Está pasando!