Presentación da segunda edición de ‘Guerrilla’ | © Concello de Pontevedra

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá entre o 1 e o 4 de decembro a segunda edición do programa ‘Guerrilla. Cultura para a transformación social’

15 Novembro 2022

‘As alumnas’, Luis Pastor e Pepe Viyuela e unha gala solidaria de ‘Pallasxs en rebeldía’ serán os protagonistas dos espectáculos que terá lugar a posteriori de diferentes charlas e proxecións en torno á censura, a represión franquista, fascismo, feministo ou o conflito do Sahara

O acceso a faladoiros e proxeccións será de balde ata completar aforo. Os espectáculos terán un custo de 8 euros (4 euros prezo reducido) e as entradas xa están á venda en Ataquilla.com

Tamén está a disposición do público o formato abono para gozar dos 4 espectáculos a un prezo de 28 euros + gastos de xestión


A concelleira Carme Fouces presentaba a que será a segunda edición do programa ‘Guerrilla’, que terá lugar entre o 1 e o 4 de decembro no Teatro Principal de Pontevedra. Facíao acompañada de Nacho Fungueiriño de Culturactiva – encargada da programación – e Mónica Caamaño, actriz do espectáculo ‘As alumnas’ que inaugurará a sección escénica do ciclo o xoves 1 de decembro ás 21:00 horas.

“Pontevedra ten unha base bastante importante do que é a programación cultural que vai máis alá de programar grandes espectáculos de masas que máis ou menos se poderían ver homoxenamente en calquera cidade. Temos unha impronta propia onde hai eventos culturais deseñadas a propósito para a propia ciade – como a Feira Franca ou o Salón do Libro- e con esa base e tendo e conta a cultura como ferramenta e un dos motores e impulsos da transformación social e que modifica sutancialmente o pensamento e o coñecemento das persoas. En Pontevedra disponemos dun público moi formado e moi militante: cada vez que facemos unha oferta deste estilo como ‘Guerrilla’, responden dunha maneira masiva. Partindo disto, afrontamos esta segunda edición con moita ilusión. A censura, fascismo, represión franquista, conflito do Sahara serán os protagonistas das charlas previas aos espectáculos de ‘As Alumnas’, ‘Grándola de mi querer’ de Luís Pastor, ‘Encerrona de Pepe Viyuela’ e a Gala Solidaria de Pallasxs en rebeldía presentada por Andrea Bayer que contará entre outros/as con Uxía Senlle, Dakidarría ou Isabel Risco.

Nacho Fungueiriño de Culturactiva, agradeceu ao Concello de Pontevedra por “apostar por este tipo de programación, de concienciación política e social, nuns tempos no que a maior parte dos concellos e institucións non se mollan”.

Logo de debullar a programación, pechou a rolda Mónica Caamaño, actriz de ‘As alumnas’ quen destacou tamén a ledicia de “sentirse programada nunha programación con este nome, xa que se a cultura non se emprega como ferramenta transformadora é un pouco traballar en vacío.” Sobre o espectáculo avanzou estar “moi contenta co traballo de escrita que fixo Paula Carballeira que pon as mulleres no foco da represión e fai o traballo de refrescar a memoria: levanta po e fala do que non se falaba, de todo o que se calou”

As entradas para os espectáculos – xa que os faladoiros e proxeccións son de balde – están xa á venda en Ataquilla.com a un prezo de 8 euros + gastos (4 euros + gastos para estudantes, desempregados/as e maiores de 65 anos). Tamén existe un formato abono para asistir aos 4 espectáculos por 28 euros + gastos.


Está pasando!