Carme Fouces na presentación da programación do Telescopio da Cultura | © Concello de Pontevedra

O Telescopio da Cultura avanza a programación do Pazo da Cultura e Teatro Principal de Pontevedra para o primeiro semestre do ano

1 Febreiro 2023

  • A concelleira Carme Fouces destacou entre as novidades o ciclo Danza Pontevedra, que terá lugar do 12 ao 16 de abril e as xornadas de Banda Deseñada o 17 ao 19 de marzo
  • Entre os eventos máis próximos terá lugar o concerto de Gustavo Almeida o venres 3 no Principal, o recital de Charo López o sábado 4 no Pazo e a programación da Foto 51 os venres 10 e sábado 11 para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia
  • Nos próximos meses terán lugar eventos destacados como o Salón do Libro, o retorno do Festival das Núbebes, unha nova edición do ciclo Mulleres e Inspiración e dentro das Matinés do Principal, o concerto de Uxía Senller e Javier Ruibal
  • Tamén terán lugar novas actividades en torno á exposición ‘A cidade é a pegada’ que serán presentadas próximamente
  • Fouces avanzou que ao avanzar a programación con tanta antelación esta pode sufrir algunha modificación especialmente nos horarios e tamén, se espera que se amplie a oferta con algunha actividade aínda por definir especialmente no eido musical

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou onte a programación cultural do primeiro semestre para o Teatro Principal e o Pazo da Cultura de Pontevedra, baixo o amparo do Telescopio da Cultura.

Fouces apuntou á decisión de presentar toda a programación de xeito avanzado para que o público teña unha visión panorámica do que está por vir a nivel cultural. “O risco que corremos ao facelo así é que haxa algunha modificación, como pasou con concerto de Mahmood – que non se puido celebrar porque ao artista no lle daba tempo a rematar o disco que tiña intención de presentar e aínda está pendente de ubicar, agardamos que cara finais de ano. A parte da numerosa actividade que hai no Teatro Principal, como espazo que se cede a moitas entidades culturais e que tamén incluímos no programa, vimos desvelar o máis destacado dos próximos meses ademáis do ciclo Ponteatro que presentamos a semana pasada”.

Fouces destacou a presencia de Charo López na cidade o próximo sábado 4 de febreiro para o seu recital ‘Verso a verso’ que conta con Luis Santana como barítono e Víctor  Carbajo ao piano, con textos e poemas de Lorca, Machado, Miguel Hernández e que desta volta incorpora como novidade, a Rosaría de Castro.

Tamén terá lugar próximamente no Teatro Principal as xornadas de divulgación científica ‘A Foto 51’ para conmemorar o ‘Día da Muller e a nena na ciencia’.

A posta en valor da muller na música e especialmente dentro da música clásica, terá lugar nunha nova edición do proxecto ‘Mulleres e inspiración’ que botou a andar o ano pasado da man da Orquestra Sinfónica de Pontevedra e contará nesta ocasión con masterclass, exposicións, concertos didácticos e un concerto final no Pazo da Cultura o 12 de marzo, con muller directora.

O regreso do agardado ‘Festival das Núbebes’, que desaparecerá na pandemia, retornará ao Principal o domingo 26 de febreiro e o venres 3, sábado 4 e domingo 5 de marzo.

Non faltará o 21 de abril ao 7 de maio unha nova edición do Salón do Libro co despregue da actividades que vén sendo habitual

Como novidades, terán lugar o 17,18 e 19 de marzo as I Xornadas de Banda Deseñada. Un progama no que “ainda se está a traballar. Pontevedra é unha cidade onde a BD te unha presenza cultural moi importante grazas ao Garaxe Hermético, á Facultade de Belas Artes e tamén ao Salón do Libro que impulsa a ilustración. Haberá obradoiros, expos, etc.”

Do 12 ao 16 de abril terá lugar outra novidade, o ciclo ‘Danza Pontevedra’. “A danza é unha arte escénica que precisa máis amparo por parte das administración públicas. Achegaremos o mellor da danza do panorama galego e tamén haberá representación do panorama estatal. Sabaemos que a nivel de público non é unha disciplina que conte con afluencia masiva pero as administracions públicas temos que ser cabeza tractora para facer que cheguen ao público. A programación está ainda por perfilar de todo pero presentaremos próximamente.”

Como adelanto dentro do eido musical,  o 25 de marzo dentro de ‘As Matinés do Principal’, terá lugar o concerto de Uxía Senlle e Javier Ruibal. “Un espectáculo sobre Lorca con que iso signidica. É unha delicia escoitalos cantar xuntos eses poemas e letras”

Fouces adiantou que terán lugar nos próximos meses novas confirmacións, especialmente no panorama musical e que “pese á lóxica subida dos cachés no mundo do espectáculo que ocasiona que teñamos que invertir máis cartos para traer a mesma programación, apostamos por manter prezos populares porque a nosa función é ofecer cultura de calidade, do país si, pero tamén de todo o que nos rodea, e que chegue á cidadanís con prezoa asequibles. O abono de Ponteatro, que inclúe 6 espectáculos ten un prezo de 32 euros. En moitas cidades ese é o prezo que se paga por unha única función.

Está pasando!