Finca de Briz | Concello de Marín

O terror e a diversión xa teñen data, o Samaín Briz celebrarase finalmente o sábado 22 de novembro

14 Novembro 2025

O Samaín Briz xa ten nova data, despois de ter que ser aplazado por mor da choiva do pasado 31 de outubro. Finalmente será o sábado 22 de novembro, con novos túneles do terror, máis diversión, novos espectáculos e propostas.

Xunto coa Fundación Juan XXIII, a comparsa Os da Caña e o Club Deportivo La Peña volverán ser os piares deste evento, aos que xa se lles sumaron o ano pasado as comparsas Color Café, Val do Lérez, As Sonecas e este ano tamén a comparsa A Pandilla.

Haberá de novo rutas do terror, ás que haberá que acceder facendo cola, pero tamén haberá percorridos de acceso libre por toda a finca con distintas estacións do medo, nesta festa que se desenvolve entre a tarde e a noite previa ao festivo de Todos Os Santos.

Os espectáculos da lagoa principal terán dous pases e serán de temáticas relacionadas co Samaín.

Ademais, a zona do PequeSamaín, que volverá ubicarse no Auditorio, contará con moitas actividades e coa decoración de espantallos, realizados en colaboración coas persoas usuarias dos Centros de Día de Marín. Así que pode ser unha idea boísima para os disfraces dos máis peques.

programa do Samaín Briz 2025 é o seguinte:

18.30h. Apertura da finca

18.30 a 22.00h. PequeSamaín:

  • Pintacaras
  • Xogos infantís e en familia
  • Animación musical

18.30 a 21.00h. (Peche de colas)

Rutas:

  • Casa das bonecas terroríficas
  • As portas do Alén

18.30 a 22.00h. Estacións do Medo

  • Banquete de morte
  • O bosque encantado
  • Medo me dá
  • A noite do brote
  • A cova do asustador
  • A danza da lúa

Espectáculos. Dous pases: Ás 19.00 e ás 21.00h.

  • Nemeton, a orixe do Samaín
  • A queimada
  • O lobishome
  • A queima das meigas

23.00h. Fin de festa

Haberá postos de comida, ambientación musical… e moitas cousas máis.

Ten en conta:

  • A Finca é un espazo natural. Non está garantida a accesibilidade total a todas as zonas.
  • Recoméndases non acceder ás rutas con:
    • Bebés
    • Carriños
  • O Samaín Briz é gratuito. Disfruta, pásao de medo e ten paciencia.
  • O acceso ás rutas implica facer colas. No resto da finca podes disfrutar libremente.
Está pasando!