A cuarta proba da Copa de España Féminas Cofidis 2025 disputarase o 30 de marzo nun atractivo percorrido entre Pontevedra e Marín

21 Marzo 2025

Noko 360, en colaboración co Concello de Pontevedra e de Marín, organiza o próximo 30 de marzo de 2025 o Gran Premio Cidade de Pontevedra, que este 2025, de acordo aos reglamento da UCI e RFEC, será proba puntuable para a Copa España de Féminas Cofidis.

A Copa de España Feminino Gran Premio Cidade de Pontevedra estará formada polas categorías Sub23, Master 60, Master 50, Master 40, Master 30, Junior, Elite e Cadete.

O evento estará no calendario da RFEC e atribúe puntos ao ranking da RFEC ás 25 primeiras clasificadas.



Non haberá limitación de corredoras por equipo pero si existirá un máximo de 200 deportistas por carreira.

Inscricións abertas ata o martes 25 de marzo ás 23:29 horas en fgalegaciclismo.es. O día da proba non se permitirá a inscrición de ningunha corredora.

Os horarios das probas serán:

  • Cadetes: 9:00 horas
  • Junior e master: 10:30 horas
  • Élite e Sub 23: 12:45 horas

A proba dará comezo ás 09:00 horas, con saída en chegada na Avenida das Corbaceiras.

Está pasando!