O ‘Verán Cultural’ de Salvaterra de Miño ofreceranos un ‘Agosto de cine’

30 Xullo 2021

No marco da programación do ‘Verán Cultural’, deseñada polo Concello de Salvaterra de Miño para o mes de agosto, a Praza do Concello acollerá as proxección ao aire  libre de filmes como ‘Queen’ e ‘Perdendo o este’, sen esquecer aos máis cativos que poderán disfrutar de títulos como ‘As mascotas da raíña’ e ‘O neno que puido ser rei’.

Todas as proxeccións comezarán ás 22:30 horas.

• Venres 6 de agosto

Cine infantil: ‘As mascotas da raíña’

• Xoves 12 de agosto

Cine na rúa: ‘Queen’

• Venres 13 de agosto

Cine na rúa: ‘Perdendo o este’

• Venres 20 de agosto

Cine infantil: ‘O neno que puido ser rei’

*Prazas limitadas ata completar aforo. Pídese asistir cunha hora de antelación para aplicar as medidas de seguridade e protocolo.


Está pasando!