Presentación da marcha ciclista das Letras Galegas 2025 | Concello de Salvaterra de Miño

O vindeiro 17 de maio Salvaterra ten unha cita coa tradicional marcha ciclista das Letras Galegas

13 Maio 2025

Ás 10:00 da mañá dende a Praza do Concello, terá lugar a saída do pelotón que percorrerá distintas parroquias e que terá a parada de avituallamento nun paraxe único como é o Espazo Termal de Teáns-Oleiros.

A chegada final será tamén na Praza do Concello, onde haberá sorteos para todos, por cortesía dos patrocinadores do evento, diversas empresas locais que colaboran desinteresadamente para facer deste día tan sinalado do pobo galego, un día inesquecible para os máis cativos (que terán a medalla conmemorativa da proba).

Ademais, o Concello de Salvaterra de Miño quere facer deste día un evento solidario, polo que piden que cada participante aporte coa inscrición un alimento non perecedoiro ou de hixiene para o banco de alimentos municipal.

As inscricións faranse neste enlace ata o venres 16 de maio ou o propio día na Praza do Concello.

A recollida de dorsais será na Biblioteca Municipal ata o 16 de maio en horario de luns a venres de 10:00 a 12:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas e o sábado de 10:00 a 14:00 horas.

Está pasando!