Presentación do 15K del Atlántico Banco Mediolanum | © Concello da Guarda

O vindeiro domingo 23 disputarase a 15K do Atlántico Banco Mediolanum

13 Outubro 2022

A xa tradicional 15K do Atlántico Banco Mediolanum chega a súa novena edición, consolidándose como unha das probas de referencia no calendario do atletismo galego.

Este martes, 11 de outubro, presentouse a novena edición da 15k do Atlántico – Banco Mediolanum, nun entorno único por onde pasará a proba o próximo 23 de outubro, a Explanada do Horizonte, en Portecelo, O Rosal.

A proba deportiva referente do running galego que reunirá este ano ao redor de 600 corredores na 15k categoría e 200 na categoría de andaina, empregando parte do percorrido do Camiño Portugués da Costa que conduce a Santiago.

O inicio da proba da carreira será o día 23 ás 11:00 horas dende o Campo de fútbol de Oia, con chegada ao Porto da Guarda. No caso da andaina, a saída será dende o mesmo lugar pero ás 10:00 horas.

A organización disporá dun servicio de autobús antes e despois da proba.

A proba conta cunha parte solidaria, onde doarase un euro de cada inscrito a DOWN Vigo, así como a apertura dunha fila 0 en ‘Mi grano de arena’, para intentar recadar unha maior cantidade de recursos para dita asociación.

As inscricións seguen abertas ata o 19 de outubro na web oficial do evento https://bancomediolanum15kseries.com/

Está pasando!