Presentación do XV Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra | © Concello de Pontevedra

O XV Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra volve trala pandemia para encher o Recinto Feiral de arte e tradición

8 Maio 2023

A cita está programada para o vindeiro 21 de maio, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas, e contará cunha mostra única, encontros e venda de material


Pontevedra recupera outra desas citas que a pandemia provocada pola Covid-19 deixara en standby. Volve o Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra, volve coa súa XV edición, e volve tal e como se lembraba até o Recinto Feiral da Boa Vila, o vindeiro 21 de maio.



O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, compareceu esta mañá acompañado da edil de Cultura, Carme Fouces, xunto con varias socias da Asociación de Palilleiras de Pontevedra A Fieitiña, agrupación encargada da posta en marcha da cita xa clásica. «É o primeiro que facemos logo da pandemia, ten aberta aínda a inscrición até o 15 de maio, e agardamos contar cunha asistencia equivalente ao prestixio da cita», indicou o rexedor.

Lores subliñou «a calidade do recinto e a calidade das persoas organizadoras, ás que lles quero agradecer o traballo desenvolvo ao longo de tantos anos». «Non é só un encontro dun día ao ano onde vén xente de toda Galiza onde tamén hai unha exposición, hai venda de material… senón que ao longo de todo o ano fan cursos en Monte Porreiro, obradoiros en concellos próximos e outras actividades».

Pola súa banda, a presidenta da asociación A Fieitiña, sinalou que «queremos seguir renovando a palillada. Temos xa 800 persoas anotadas e só podemos agardar a que a veciñanza de Pontevedra cruce o río, como sempre fixo, e que veña a interesarse polo encaixe».


Está pasando!