O XXIII Festival Internacional de Títeres de Redondela celebrarase do 12 ao 17 de maio

5 Maio 2022

O XXIII Festival Internacional de Títeres de Redondela Memorial Juanjo Amoedo é moito máis ca un Festival, xa que pretende poñer en valor o Teatro como punto de encontro da cidadanía dunha maneira lúdica e festiva.

Será unha experiencia para novos espectadores e espectadoras con 31 compañías convidadas, 7 escenarios e máis de 80 representacións ao longo do Festival, que a día de hoxe é un dos máis punteros do país, poñendo a Redondela no mapa dos máis importantes Festivais do seu sector xunto con Segovia, Menorca ou Lleida.

A programación mesturará teatro de títeres con concertos musicais e actividades complementarias, para que o espectador conecte co mundo do Títere a través dun crisol de culturas das mais variadas técnicas e propostas.

Unha festa da diversidade que, do 12 ao 17 de maio, encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, espectáculos itinerantes, instalacións, animación de rúa e un feixe de sorpresas.



Está pasando!