Obradoiros de Verán no Museo de Pontevedra

11 Xullo 2020

O 2 de xullo abriuse o prazo para a inscrición nos obradoiros infantís que organiza o Museo  nos meses de xullo e agosto. Nesta ocasión, debido as medidas preventivas ante a COVID-19, a admisión redúcese ao 75% en cada obradoiro con respecto a unha situación de plena normalidade. En total serán tres obradoiros con  sete quendas de 12 participantes cada unha.

Adxudicación das prazas:

Adxudicarase un obradoiro por nena ou neno por estrita orde de inscrición. No caso de que queden prazas vacantes poderase optar a máis dun obradoiro, polo que os nenos e nenas que queiran ter esta posibilidade deberán marcar a súa preferencia (1,2,3).

Listas de admisión:

Os pais e nais deberán estar pendentes da consulta das listas de admisións que se farán públicas a través da Web do Museo.

Inscrición:

Farase a través do seguinte formulario e desde o xoves 2 ao martes 7 de xullo.

 

OBRADOIROS

LABORATORIOS ARTÍSTICOS: “EN CORRESPONDENCIA”

Son en realidade catro laboratorios artísticos nos que a rapazada aproximarase á relación que mantén a arte con outros campos do saber e do coñecemento a partir da colección de arte contemporánea do Museo. Será un espazo para a experimentación persoal e o fomento da capacidade reflexiva e crítica.

A metodoloxía a seguir será teórico – práctica e articularase da seguinte forma: 1. Arte e Soño; 2. Arte e Moda; 3. Arte e Cociña; 4. Arte e Ciencia. Estarán impartidos pola artista Iria Vázquez.

Número de participantes: 12 por quenda.

Nenos/as de 6 a 9 anos: Do 13 ao  17 de xullo (11 a 13 h)

Nenos/as de 10 a 13 anos: Do 20 ao 24 de xullo (11 a 13 h)

PEQUEÓLOGOS/AS: OBRADOIRO DE EXIPTOLOXÍA

Da man do Instituto de Estudios del Antiguo Egipto, as nenas e nenos mergullaranse  no mundo da civilización faraónica a través do seguinte programa: 1. Coñecendo Exipto; 2.  Facéndonos faraóns; 3. Aprendendo a ser un escriba; 4.Facendo Momias.

Dunha maneira lúdica e pedagóxica, a rapazada aprenderá desde a escribir o seu nome en escritura xeroglífica ata como se realizaba a momificación.

Número de participantes: 12 por quenda.

Nenos/as de 5 a 7 anos: Do 28 ao 31 de xullo (11 a 13 h)

Nenos/as de 8 a 10 anos: Do 4 ao 7 de agosto (11 a 13:00 h)

Nenos/as de 11 a 13 anos: Do 11 ao 14 de agosto (11 a 13:00 h)

OBRADOIRO DE RECICLAXE ARTÍSTICO

Os compoñentes do Gabinete Didáctico propoñen esta actividade eco-artística para promover na cativada a sensibilidade do problema ambiental que producen os residuos plásticos. A partir da obra de artistas como Elena Colmeiro, Manuel Moldes ou Darío Basso, realizaremos unha reflexión sobre a importancia dos materiais e as texturas na creación artística contemporánea.

A partir de materiais de refugallo, especialmente o plástico, as nenas e nenos realizarán as súas propias creacións inspirándose na obra destes artistas.

Número de participantes: 12 por quenda.

Nenos/as de 5 a 8 anos: Do 18 ao 21 de agosto (11 a 13 h)

Nenos/as de 9 a 13 anos: Do 25 ao 28 de agosto (11 a 13:00 h)

 

Está pasando!