Ofeitoaman, a maior feira de artesanía do verán, na provincia de Pontevedra, regresa este sábado a Portonovo

14 Xullo 2023

A feira Ofeitoaman celébrase do 15 de xullo ao 27 de agosto, na Rúa Rafael Pico (Paseo de Portonovo – Sanxenxo), coa participación dunha trintena de obradoiros de toda Galicia e doutras comunidades autónomas.

Una feira popular e de visita obrigada tanto para os habitantes desta localidade do Salnés, como para os milleiros de visitantes que se achegan durante o verán até a vila.

Produtos con garantía de orixe, directamente do productor ó consumidor, a maioría ca marca oficial da Artesanía de Galicia.

Neste edición 2023, participarán máis dunha trintena de expositores, acreditados como artesáns, que levarán até Sanxenxo os seus produtos feitos á man e de xeito artesanal.

Téxtil, madeira, bixutaría, instrumentos musicais, coiro, xoguetes, calzado, vidro, cerámica… En Ofeitoaman podes atopar todo tipo de creacións, realizadas con diferentes técnicas e materiais, pero sempre con garantía de orixe.

Organizada pola Asociación Galega de Artesáns, a feira conta con obradoiros participantes de toda Galicia, así como doutras comunidades autónomas, polo que é unha boa ocasión para coñecer de primera man o seu traballo.

O horario de apertura da feira é de 19:00 a 00:00 horas. Os xoves, sábados, domingos e festivos abrirá de 12:00 a 14:00 horas.

Podes consultar a listaxe completa de participantes premendo na seguinte ligazón.


Está pasando!