IX Concentración de Artefactos Flotantes | © Concello de Nigrán

Os artefactos flotantes do ‘Flota Como Poidas’ volven á Nigrán o domingo 11 de agosto

24 Xullo 2024

  • Os interesados deben anotarse nun formulario web en www.nigran.es ata o venres 9 de agosto ás 12:00 horas
  • Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e agasallos sorpresa
  • O evento coincidirá coa celebración da festa de comerciantes ‘Portobelo’

O Concello de Nigrán mantén ata o 9 de agosto ás 12:00 horas o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de artefactos flotantes chamada ‘Flota Como Poidas’, que terá lugar o domingo 11 de agosto ás 19:30 horas desde a ponte de A Ramallosa, no Río Miñor.

Os interesados deberán anotarse no formulario web do Concello en nigran.es. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 17.00 a 19.00 horas.



Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e o seu diploma e agasallo sorpresa. O evento, como é habitual, coincidirá coa celebración da festa de comerciantes ‘Portobello’ organizada coa asociación de empresarios Ovalmi.

É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante.

O Concello premiará o artefacto flotante máis ‘currado’ e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao ‘Titanic’ da edición.

Está pasando!