Visita guiada ‘A Arte no cómic’ | © Concello de Pontevedra

Os artistas Kiko Dasilva e Itziar Ezquieta, guiarán visitas á mostra ‘A Arte no cómic’ de Fundación Telefónica

30 Outubro 2021

A mostra instalada na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra, conta con máis de 250 pezas, entre elas grandes obras da pintura universal, vistas por 70 ilustradores/as e historietistas contemporáneaos como os galegos/as Brais Rodríguez, Óscar Raña, Cynthia Alfonso, Jacobo Fernández Serrano, Fernando Llor, ou Miguelanxo Prado.

Pontevedra é a 11ª sede pola que pasa esta exposición dende o seu nacemento en 2016. Nestes anos foi mudando e medrando e por primeira vez, en Pontevedra, pode verse o cómic completo de María Herreros dedicado a Georgia O’Keeffe, editado polo Museo Nacional Thyssen Bornemisza.

Con gran éxito de critica e público dende que abriu as súas portas o 8 de outubro, acolleu xa unha intervención do artista Brais Rodríguez seguida dunha visita guiada por parte do comisario Asier Mensuro. Desta volta serán dous artistas afincados na cidade de Pontevedra os encargados: o ilustrador e director da escola de banda deseñada O Garaxe Hermético, Kiko Dasilva o venres 5 de novembro as 19:30 horas con carácter máis adulto e profesional, e máis orientado a familias, o domingo 7 ás 12:30 horasda man da artista Itziar Ezquieta.

Coa finalidade de achegar o arte a todos os públicos, ambas son de balde pero precisan de inscrición a través da web https://apuntate.pontevedra.gal

Para quen non poida ou queira participar das visitas guiadas, a mostra permanece aberta e visitable ata o 11de novembro inclusive, en horario de martes a venres de 18:00 a 21:00 horas. Sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18 a 21 horas e domingos de 12:00 a 14 horas. Os luns, a Sala está pechada ao público.

Está pasando!