Os artistas plásticos Jorge Santiago e Iván Graña presentan a exposición “Dilúculo – Territorios de Luz”

23 Outubro 2020

Jorge Santiago e Iván Graña son dous artistas plásticos que se coñeceron na facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Aínda que anteriormente coincidiron noutros proxectos, “Dilúculo – Territorios de Luz” é a primeira exposición que presentan en conxunto. Unha exposición mixta na que poderemos atopar serigrafía, impresión dixital, cianotipia e carbón.

“Esta proposta de exposición trata de axuntar as obras de dous artistas diferentes que comparten, con todo, matices comúns; por unha banda, atopámonos coa obra de Iván Graña que nos mostra un traballo ao redor do territorio, da xeografía e o transitar; onde espazo e individuo chegan a fundirse para facernos reflexionar sobre a identidade. Temas como a perda do territorio, a identidade do mesmo ou a do individuo xogan un papel importante na súa obra. Doutra banda, atopámonos coa obra de Jorge Santiago que nos leva a un mundo de sombras onde xoga con referencias culturais e artísticas dentro dunha estética dun forte claroscuro”.

Jorge Santiago e Iván Graña

Horario

Poderedes disfrutar desta exposición do martes, 27 de outubro ao martes, 10 de novembro no local do Ateneo Santa Cecilia (Rúa do Forno, 42, baixo – Marín), no horario habitual, de martes a venres de 18:00 a 21:00 h. e sábados de 11:00 a 13:00 h.

Está pasando!