Os comisarios da exposición sobre José Suárez darán unha conferencia no Museo de Pontevedra o mércores 24 de marzo

22 Marzo 2021

‘Unha vida, unha obra’ é o título da conferencia que os comisarios da exposición ‘José Suárez 1902-1974’ ofrecerán o mércores día 24, ás 19:00 h, no edificio Castelao, e na que afondarán na vida e obra do fotógrafo galego máis internacional do século XX.

A charla estará dividida en dúas partes de xeito que Xosé Luis Suárez Canal, que é ademais sobriño do artista allaricense, centrará a súa intervención na traxectoria vital do seu tío, mentres que Manuel Sendón analizará o traballo fotográfico que José Suárez desenvolveu ao longo do mundo cunha visión reflexiva e moi persoal marcada pola súa ampla bagaxe cultural.

Debido ás restricións actuais derivadas da situación sanitaria, o número de prazas é limitado polo que as persoas interesadas en asistir á conferencia deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico a educacion.museo@depo.es

Está pasando!