“Os de Algures” regresan ao Principal este venres 23 cun espectáculo adaptado ás restricións vixentes

20 Outubro 2020

O concerto terá lugar ás 20:30h e de seguido, a pasarela de traxes tradicionais “Unha ollada polas arcas pechadas”.

A concelleira de Cultura, Carme Fouces presentou esta mañá a adaptación do tradicional espectáculo músico teatral de “Os de Algures” que este ano, por mor das circunstancias, constará de dúas partes diferenciadas: a primeira intervención en forma de concerto e una segunda parte de pasarela tradicional “que vai sorprender a todos con esa espectacularidade dos panos, os corpiños, etc. Estamos moi contentas de contar con eles e a súa dedicación e empeño en seguir adiante cos espectáculos que fan e adaptarse as circunstancias” apuntou a concelleira.

José Luis Rodríguez, presidente de Os de Algures, “una agrupación de música tradicional da Boa Vila, que estamos a piques de cumprir 10 anos en Pontevedra. 10 anos traballando para a cidade. Logo de todos os espectáculos aos que vos temos acostumados durante todos estes anos, xa que no mes de novembro facemos una macroprodución tradicional de música, baile e traxes, este ano por mor pandemia decidimos facer unha parte de concerto moi breve, con 5 ou 6 pezas antes dunha pasarela de traxes tradicionais porque así dámoslle cabida a todos: músicos, actores e modelos”. Rodríguez apuntou ás limitacións de aforo ocasionadas polas restricións vixentes (60 persoas de público) e á necesidade de reservas prazas en osdealgures@gmail.com e seteespadelas@gmail.com

David Quiñones, o presidentes de Sete Espadelas apuntou a que a súa participación no evento consistirá nunha pasarela de 30 traxes chamada “Unha ollada polas arcas pechadas” que representará a apertura desas arcas do s.XIX e o descubrimento de todas esas pezas antigas que forman parte da súa colección. “Hoxe en día Sete Espadelas ten case 100 traxes, pezas antiguas de moita sona e importancia en Galicia e queremos amosar unha parte desa colección. No nos currículo hai máis de 25 premio no Día do Traxe de Santiago, máis 11 premios de investigación Antón Fraguas, a mostra “Galicia, terra dos 1000 panos o pasado ano no Museo de Pontevedra con máis de 11.000 visitas nun mes. Temos unha bagaxe de fondo que avala o noso traballo de investigación, recuperación, e queremos plasmalo nun pequeo espectáculo que non chega a unha hora con 30 traxes: unha pequena escolma da nosa colección”.

Para a rolda Carme Fouces vestiu, segundo explicou, un pano de lá de ramazón sobre camisa de liño, feita de modo tradicional con cos (parte superior ) elaborado con liño máis fino e falda con liño groso. “A característica que non se ve é que todos os botón pola parte de dentro están abertos para dar de mamar. Todo adaptado e moi ben pensado para estas cousas e non como agora que hai que facer integrais dobres para dar da mamar a una crianza na rúa. Na cabeza levo un pano de percal e uns bricos e un broche que son meus, agasallo de “Os de Algures”.

Apuntou á gran labor que fai a agrupación deleitándonos con máusica, traxes e indumentaria tradicional galega pero tamén cos tecidos. “Unha das tarefas máis importante da vida dos galegos foi facerse a roupa. Animo á xente a reinventar estas pezas tradicionais que as veces temos pola casa e usalas. Todas estas cousas que veñen de atrás son as que nos identifican e nos van dar un carimbo especial”, rematou.

Está pasando!