Os obradoiros ‘Xogando coa arte’ dirixidos a cativada e impartidos por Migallas Teatro no Pazo da Cultura abren o prazo de inscrición

9 Xaneiro 2026

  • A recepción de preinscricións terá lugar entre o xoves 8 e o domingo 11 de xaneiro.
  • As preto de 100 prazas destinadas a cativada entre os 5 e os 11, estarán divididas en función da idade en 3 grupos.
  • Os obradoiros de expresión dramática, plástica e musical contarán cun total de 10 sesións entre xaneiro e marzo.

Un ano máis as Concellerías de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organizan os obradoiros impartidos por Migallas Teatro, que nesta edición levan por nome ‘Xogando coa arte’.

Dirixidos a cativada entre os 5 e os 11 anos, desenvolverán nas instalacións do Pazo da Cultura actividades de expresión dramática, plástica e musical, así coma xogos tradicionais para crear un espazo de socialización en galego.

O prazo de preinscrición permanecerá aberto entre este xoves 8 e o vindeiro domingo 11 (ambos inclusive) no correo migallas@migallas.gal.

Cada obradoiro constará de 10 sesións de hora e media adaptadas aos períodos lectivos escolares entre o 12 de xaneiro e o 27 de marzo, a razón dunha sesión semanal consonte os seguintes grupos:

Taller 1: de 8 a 11 anos
Os xoves de 17.30 a 19.00h
Número de prazas: 35
Comezo: 12 de xaneiro

Taller 2: de 5 a 7 anos
Os mércores de 17.30 a 19.00h
Número de prazas: 35
Comezo: 14 de xaneiro

Taller 3: de 5 a 7 anos
Os luns de 18.00 a 19.30h
Número de prazas: 25
Comezo: 15 de xaneiro

A actividade trimestral terá un prezo total de 50 euros con todo o material incluído.

Preinscrición: do 8 ao 11 de xaneiro enviando un correo a migallas@migallas.gal cos seguintes datos:

– Nome e apelidos do neno/a:
– Idade:
– Nº de taller:
– Nome de familiar ou titor/a de contacto:
– Número de teléfono do adulto de contacto:
– Enderezo:

No caso de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas, terán prioridade as nenas e nenos residentes no termo municipal de Pontevedra.

Se estes tamén superasen o número de prazas ou ben para adxudicar o resto das prazas, faríase un sorteo público.

A formalización da inscrición e o pago da cota realizarase directamente con Migallas Teatro na sesión da comezo da actividade.

Máis información en migallas.gal/xogando-coa-arte/

Está pasando!