Os Reis Magos multiplicarán a súa maxia para percorrer toda Pontevedra

2 Xaneiro 2021

  • Por tratarse dun ano cunha situación especial, Melchor, Gaspar e Baltasar decidiron visitar todos os barrios da cidade e todas as parroquias do rural.
  • Por indicación expresa das Súas Maxestades, a tradicional comitiva que os acompaña transformarase en animación de rúa, que percorrerá distintas zonas da cidade nun horario diferente ao do percorrido real.

A Concellaría de Festas, que dirixe Carme da Silva, vén de concretar cos Reis Magos os horarios e itinerarios dos percorridos que os tres Magos de Oriente realizarán mañá por todos o recunchos do Concello. Por tratarse dun ano cunha situación especial, Melchor, Gaspar e Baltasar decidiron multiplicar a súa maxia para percorrer todos os barrios da cidade e todas as parroquias do rural. Pola súa banda, desde o Concello proporcionaráselles escolta poñendo á súa disposición efectivos da Policía Local que farán soar as sirenas dos seus vehículos para advertir aos cativos e cativas que os Reis están pola zona.

Convén lembrar que este ano os Reis Magos, en consonancia coa situación sanitaria, decidiron realizar unha Cabalgata ‘deconstruída’, polo que prescindirán da comitiva que tradicionalmente os acompañaba para transformala en actuacións de música e animación. Así, estas actuacións realizaranse por distintas zonas da cidade e nun horario diferente ao do percorrido dos Magos. Deste xeito, tratan de favorecer as medidas de seguridade que esixe a situación sanitaria e evitar as aglomeracións. Outras decisións que tomaron os Magos para respectar as medidas sanitarias son a de non realizar a tradicional recepción real no Pazo de Mugartegui, non realizar paradas no seu percorrido e non repartir caramelos ao seu paso.

Percorrido polas parroquias

  • 09:45 Lérez: Casa da cultura, Cruceiro, Centro de Saúde, Castelo
  • 10:15 Verducido: Igrexa e Pontillón
  • 10:45 Santa María de Xeve: Gato Morto, Igrexa, Fontáns
  • 11: 15 Santo André de Xeve: Couso, Colexio, parque da Bouza (Filgueira), Santa Cruz e Fragoso
  • 11·:45 Alba: A Devesa, Cemiterio, Reiriz
  • 12:15 Cerponzóns: Igrexa e A Meán
  • 13: 00 Campañó: Sabarís, Soutonovo, Moldes, Campañó de Arriba, Cabaleiro Centro Cultural, Barragáns
  • 16:00 Pontesampaio: O Vilar, Igrexa, Acevedo e a Xunqueira
  • 16:30 A Canicouva
  • 17:00 Tomeza: o Pobo, parque do Casal do Rio o Marco, Lusquiños, Igrexa
  • 17:30 Marcón: Pazos, o Carrasco, Pintos, Albeiro
  • 18:00 Mourente: Montecelo, Villaverde, Freixeiro, Igrexa, Casas Novas, Pazos, Carabelos e Cons
  • 18:30 Bora: Igrexa
  • 19:00 Salcedo: Matalobos, Cabanas, igrexa
  • 19:30 Lourizán: A Carballeira, Pontemuiños, Estribela

Percorrido polos barrios

  • A partir das 09:30h percorrerán o barrio de Monte Porreiro

A partires das 10:00 e ata as 14:00h percorrerán:

  • Zona de San Roque: Alameda, Echegaray, Paseo de Colon, Martitegui, a Barca…
  • Zona de Campolongo: praza de Galicia, Augusto Garcia Sanchez, Leiras Pulpeiro, San Pedro Alcantara…
  • Zona da avenida de Vigo, Eduardo Pondal, Estación …
  • Zona de A Parda, rúa da Estrada, Xoan Carlos I, Avd. Lugo, Loureiro Crespo…
  • Zona de Barcelos, San Antoniño, Santa Clara…
  • Zona Centro: Michelena, Benito Corbal …
  • Centro Histórico

A partires das 16:00 e ata as 19:30h percorrerán:

  • Zona do Burgo
  • Monte Porreiro
  • Zona Campolongo
  • Zona Avd. Vigo
  • Zona Centro
  • Centro Histórico

Música e animación de rúa

As actuacións de música e animación de rúa estarán repartidas por toda a cidade e terán lugar cada hora: ás 11, 12, 13, 16, 17, 18 e 19 horas, e correrán a cargo de 8 grupos distintos, que realizarán 5 actuacións consecutivas no mesmo ámbito. Os grupos que se ocuparán destas actuacións son Charanga OT, La Fiesta Escénica, Pablo Méndez, Artmonium, Charanga Mil9, Rivel, Barafunda e Troula Animación.

Está pasando!