Panteón Rococó | Cedida

Panteón Rococó e La Élite completan o cartel do festival Revenidas 2023

24 Agosto 2023

  • O grupo mexicano actuará o xoves 7 e o dúo catalán o sábado 9
  • Esgotados os abonos e as entradas para o sábado. Xa só quedan á venda entradas para as xornadas do xoves e do venres
  • O festival celebrarase en Vilaxoán do 7 ao 10 de setembro

O festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán do xoves 7 ao domingo 10 de setembro, ven de completar o seu cartel con dúas novas incorporacións: a do grupo mexicano Panteón Rococó, unha banda co 25 anos de traxectoria que pasa por ser a máis influinte no ska katino, e a do dúo catalán La Élite, principal expoñente do synthetik punk, un xénero que se basea en combinar o punk cos sintetizadores e as caixas de ritmos.

O Revenidas dará a coñecer en vindeiras datas os contidos e os protagonistas das actividades paralelas, entre as que figuran os concertos a bordo, a gala de circo, o roteiro comentado e os showcokings.

PANTEÓN ROCOCÓ

Xurdiron en México hai máis de 25 anos ao berro de «Paz, Baile e Resistencia». Hoxe esa premisa mantense entre os seus sinais de identidades, pero aquel grupo de oito amigos converteuse nunha das bandas máis influintes do ska latino, un estilo no que teñen cabida o rock, o punk, a salsa, o mariachi, o reggae e mesmo a música folclórica mexicana, sempre cun son e unha proposta escénica enérxica e movediza. O dito: paz, baile e resistencia.

LA ÉLITE

Desde Lleida para todo o mundo chega o novo son do punk: o «synthetik punk». Porque quen dixo que os sintetizadores ou as caixas de ritmos non podían ter cabida no punk? La Élite encarganse de demostrar que si que é posible, sen perder por iso nin un gramo de contundencia. Benvidos ao Pogo 2.0.

ENTRADAS

O elevado ritmo de vendas desta edición do Revenidas provocou que a falta dun mes para a celebración do festival estean agotados tanto os abonos como as entradas para o sábado.

Quedan disponibles entradas para o xoves a un prezo de 30 euros (+gastos de xestión) e para o venres, a 35 euros (+gastos de xestión).

Todas as actuacións da xornada do domingo son de balde e con entrada libre.



O FESTIVAL

O Revenidas comezará o xoves 7 de setembro coa presenza de dous dos grandes nomes de referencia da nova escena latinoamericana como son Panteón Rococó e Ana Tijoux, con Desakato (que ofrecerán en Vilaxoán o seu derradeiro concerto antes de despedirse como banda o 11 de novembro), a combativa activista feminista arxentina Sara Hebe, a gañadora do concurso Sonmidos Mans HYDN, o festivo colectivo madrileño de cumbia-punk, rap e electrónica Tremenda Jauría, The Skarnivals, Arrythmia e A Duendeneta.

A segunda xornada do festival, a do venres 8, reunirá aos valencianos Zoo, a gran revelación da música galega deste 2023, Fillas de Cassandra, aos tamén valencianos e igual de comprometidos Los Chikos del Maíz, o principal expoñente da música electrónica en euskera, Zetak; o novo grupo de Evaristo Calvo, Tropa do Carallo; Sheila Patricia, La Regadera, Rebeliom do Inframundo e A Duendeneta.

O sábado 9 de setembro o Revenidas recibe a Ska-P, que ofrecerán en Vilaxoán o seu único concerto en Galicia deste ano. Ese mesmo día terá lugar o concerto especial do XX Aniversario de Dakidarría, con feixe de artistas convidados e que será gravado para se converter no primeiro disco en directo da banda do Val Miñor. Completan o cartel do sábado o músico asturiano Rodrigo Cuevas, Heredeiros da Crus, La Élite Lamatumbá, Nativa, Kiza, O Rabelo, Familia Caamagno, Mondra, The Rapants, Kris K Dj, Me Fritos and the Gimme Cheetos e A Duendeneta.

A xornada do domingo 10, na que se celebrará a tradicional sardiñada popular e a Gala de Circo Solidaria contará no musical coas actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona, La Yaya Dj e Xosé Lois Romero e Aliboria, que serán os encargados de pechar o Revenidas 2023.

Está pasando!