Pistoletazo de saída a I Ruta Pinchoterra organizada polo Concello de Salvaterra de Miño en colaboración cos locais de hostalaría

4 Abril 2024

Son un total de 26 pinchos elaborados e a un prezo de 2,50 euros os que poden degustar durante os venres do mes de abril


En total son 26 os establecementos participantes na ruta que ofrecerán un pincho diferente a un prezo único de 2,50 euros para dar a coñecer propostas gastronómicas diferentes e elaboradas. O pincho de cada local sempre será o mesmo e poderá degustarse os venres do mes de abril.

A I Ruta Pinchoterra, organizada polo Concello de Salvaterra de Miño en colaboración cos locales de hostalaría, contará tamén cun sorteo de 37 premios. Aquelas persoas que participen poderán gañar un primeiro premio que consiste nun vale de 260 euros para consumir nos locais adheridos, 26 premios máis aportados polos establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros.



Para participar cada consumidor deberá recoller o seu pasaporte nos locais adheridos e conseguir un total de 6 selos (6 pinchos diferentes), cubrir os seus datos persoais e contestar cal foi o seu pincho favorito.

Entre todos os pasaportes cubertos coñeceremos o pincho gañador que se levará unha noite con almorzo e spa para dúas persoas e tamén á persoa que máis veces consuma dentro da ruta que contará cun premio dunha experiencia en Galicia.

Toda a información referente á ruta como horarios, locais, ubicacións, pinchos e sorteos poderá consultarse na web pinchoterra.concellodesalvaterra.com

Está pasando!