‘4×4’ de Ron Lalá | David Ruiz

Ponteatro bota a andar esta tarde co espectáculo ‘4×4’ de Ron Lalá

20 Febreiro 2025

  • O ciclo aposta polo humor e a música na proposta teatral que subirá as táboas do Teatro Principal este xoves 20 de febreiro ás 21h. e para a que apenas quedan entradas dispoñibles.
  • Nas próximas semanas e ata o 3 de abril, El espejo negro, Redrum, Ibuprofeno Teatro, a compañía de danza Fran Sieira e a agrupación teatral do IES Illa de Ons de Bueu completarán o amplo e variado programa
  • As entradas para cada sesión están á venda anticipadamente a o prezo habitual de 8 euros e reducido de 4 euros para persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65 anos, excepto ‘Miserábeis’ cunha entrada única de 3 euros ao ser unha colaboración co Salón do Libro

Hoxe ás 21h. bota a andar no Teatro Principal de Pontevedra unha nova tempada de Ponteatro que, tal como avanzou o edil Demetrio Gómez na presentación, “achegará 6 espectáculos innovadores e arriscados que combinan diversas artes escénicas e xéneros teatrais e onde van dialogar algunha das mellores pezas do teatro galego que podíamos traer con algunhas que traemos de fóra de Galiza.”



É o caso de Ron Lalá e a súa proposta ‘4X4’ cargada de humor, teatro e música que, a día e medio da representación, xa completou o patio de butacas e boa parte do anfiteatro. A compañía, fundada en Madrid é cunha traxectoria de máis de 20 anos, acumula numerosos premios e recoñecementos.

Unha viaxe ás catro primeiras obras de Ron Lalá. Un percorrido polas escenas esenciais dos espectáculos que a consolidaron como unha das compañías máis premiadas e aclamadas pola crítica e público: “Mi misterio del interior”, “Mundo y final”,

“Time al tiempo” e “Siglo de Oro, siglo de ahora”. Unha ruta teatral e musical, co desafío de revivir as catro propostas e dar conta da evolución creativa e escénica dos “ronlaleiros”. Catro espectáculos nun. Unha festa de humor crítico e cítrico. Ron Lalá en estado puro.

  • Creación colectiva: Ron Lalá
  • Dirección: Yayo Cáceres. Elenco: Juan Cañas, Miguel Magdalena, Diego Morales, Luis Retana e Daniel Rovalher
  • Duración: 80 minutos

As entradas soltas e o abono para os 6 espectáculos do ciclo Ponteatro están á venda en Ataquilla.com


Está pasando!