Despregamento da pancarta do 8M no balcón do Concello | © Concello de Pontevedra

Pontevedra ábrelle a porta ao feminismo neste 8 de marzo

1 Marzo 2024

  • O Concello de Pontevedra contará cunha programación intensa e diversa co gallo do Día Internacional da Muller, con obradoiros, congresos, espectáculos musicais e proxección de filmes
  • A campaña preparada para a ocasión interpela de xeito directo a todos eses homes que pensan que as políticas de igualdade chegaron demasiado lonxe

A concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, vén de presentar a programación e campaña oficial que o Concello de Pontevedra ten preparada de cara a celebración do Día Internacional da Muller, o vindeiro 8 de marzo. A presentación coincidiu coa colocación da faixa por parte do alcalde e o resto de voceiros da corporación municipal na Casa Consistorial, faixa que conmemora este día e que permanecerá ao longo de toda a semana.

Gulías explicou que a campaña deste ano ten como base unha idea clara e concreta, desde a que se argalla tanto a programación como a mensaxe comunicativa. «Neste caso tiñamos moi claro que queriamos centrar a mensaxe nunha palabra que en realidade son varias: o feminismo, os feminismos», sinalou a edil. «O feminismo é unha ferramente fundamental para mellorar a sociedade na que vivimos. No 2018 vivimos unha revolución no que as mulleres demos un paso á fronte e dixemos que até aquí chegamos, cunha serie de mobilizacións masivas na rúa onde reclamamos os nosos dereitos, facendo balance de décadas e décadas de políticas de igualdade».


Anabel Gulías na presentación da campaña do 8M | © Concello de Pontevedra

«O feminismo persegue as grandes loitas que non son outras que as que permitan conseguir igualdade para todos e para todas», indicou a edil, que lembrou que durante a xestación da campaña deste 2024, conversando xunto coas traballadoras da área de Igualdade, apareceu a enquisa publicada polo CIS en xaneiro deste mesmo ano, que dicía que «nada máis e nada menos» que o 44 % dos homes cre que as políticas de Igualdade chegaron demasiado lonxe.

Deste xeito, a área de Igualdade dirixida pola concelleira Gulías tomou a decisión de centrar a campaña no feminismo e nos feminismos. «Abrirlle as portas ao feminismo, seguir traballando». A campaña interpela a distintos homes a través de mensaxes «moi clariñas e con retranca», eses homes que aínda son reticentes ou que aínda cre que chegou demasiado lonxe.

«O 8-M non pode ser unha data puntual, senón que ten que ser e derivar nuns principios que definan a nosa forma de facer política», explicou. «Tamén traballeremos na Educación, nos centros educativos, por iso se contemplan unha serie de obradoiros dispoñíbeis para o segundo ciclo de Educación Secundaria».

O 8M e as súas actividades funcionarán como un fío transversal e conductor do feminismo, a través de distintos departamentos e propostas, que van desde a proxección do filme ‘O Corno’, o congreso ‘As mulleres que opinan son perigosas’, un espectáculo musical, diversas actividades no Salón do Libro ou a Escola feminista da Mocidade.

Tres dos carteis ideados para a campaña | © Concello de Pontevedra

O programa completo, que pode ser consultado na web oficial do Concello, é o seguinte:

  • Luns 26 de febreiro 11.00h (ao inicio do Pleno Municipal) lectura do manifesto co gallego do 8 de Marzo,Día Internacional da Muller 2024,a cargo da súa autora, Martiña Alexandra Riobó Touriño, alumna do IES Valle Inclán e presidenta do seu equipo de Igualdade.
  • Mércores, 28 de febreiro ás 13.30 h. Presentación do VI encontro As mulleres que opinan son perigosas e o segundo premio de xornalismo de opinión “Mulleres que opinan”.
  • Venres, 1 de marzo ás 11.00 h. Balcón da Casa Consistorial. Despregue da pancarta do 8M « Ábrelle a porta ao feminismo ».
  • Venres, 1 de marzo ás 12.00 horas. Presentación da Campaña do 8 de marzo baixo o lema « Ábrelle a porta ao feminismo », en relación á última enquisa do CIS acerca das percepcións sobre a igualdade entre mulleres e homes realizada en novembro de 2023, segundo a cal un 44,1% dos homes asegura que se chegou demasiado lonxe na promoción da igualdade das mulleres.
  • Xoves, 7 de marzo ás 20.00 horas no Teatro Principal. Cinefórum. Proxección e posterior coloquio sobre o filme “O CORNO” dirixido e escrito por Jaione Camborda que fala da maternidade desde distintos puntos de vista e onde a sororidade xoga outro papel fundamental.
    • O corno fixo historia en 2023 ao ser o primeiro filme galego e en galego en gañar a Cuncha de Ouro do Festival de Donostia e Jaione Camborda converteuse na primeira directora española que recibiu este galardón nos 71 anos de historia do festival, mostra de todo o que queda por avanzar no mundo do cine.
    • Posteriormente haberá un coloquio coa directora, Jaione Camborda, e a especialista en Historia do Cine e xestión cultural e socia de CIMA (Asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais)  Elena García Román e a concelleira de igualdade, Anabel Gulías Torreiro.
    • Entrada libre e de balde ata completar aforo.
  • Venres, 8 de marzo ás 18.00 horas. Praza de España. Música polo Día Internacional da Muller. Actuación musical de dúas coñecidas artistas, La Yaya DJ e Señora DJ para ambientar o antes e despois da manifestación feminista, animando a participación sen perder a perspectiva reivindicativa.
  • Venres 16 (de 12.00 a 20.30) e sábado 17 de marzo (de 12 a 20.30). Teatro Principal. VII Encontro das mulleres que opinan son perigosas.

Actividades do 8M dentro do Salón do Libro

  • Luns 4 de marzo: 18.00 h Espectáculo de narración oral Descubrindo magas de Raquel Queizás no Salón de actos, para público familiar 
  • Mércores, 6 de marzo: 18.00 h Sesión de contos e ilustración Que mal día, gato Klops! de Estefanía Padullés na Biblioteca do Salón | A partir de 6 anos
  • Xoves, 7 de marzo: 18.00 h Sesión de contos e música O chintófano de Dorothé de Sonsoles Penadique na Biblioteca do Salón para Público familiar
  • Venres, 8 de marzo. Celebramos (e reivindicamos) o Día da muller
    • 17.15 h Obradoiro Contas moito de Taller Abierto. De 7 a 12 anos. Reservas en info@tallerabierto.gal
    • 17.15 h Obradoiro de cociña e contos Máxica cociña: superheroínas con mandil de Reviravolta Espazo Gastro. No Recinto feiral | De 4 a 10 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal 
    • 17.15 h Obradoiro de ilustración Un pouco de maxia… e a voar! de Aida Alonso Arkandemia | A partir de 4 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal
    • 17.30 h Contos para bebés Entre contos e cantigas Pavís Pavós na Cova dos Libros Fantásticos | De 0 a 3 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal
    • 8.00 h Espectáculo de maxia Fábrica de feitizos e igualdade de A Maga Fani no Recinto feiral | Público familiar
    • 19.00 h Obradoiro de videoxogos Mulleres ao poder! de MUVI no Recinto feiral | A partir de 6 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal
    • 19.00 h Concerto Máxica música de Odaiko no Auditorio | Público familiar Entradas en Ataquilla.com | Prezo: 3€
  • Sábado, 10 de marzo: 11.30 h Gabinete de curiosidades. As cousas que non vemos de Itziar Ezquieta no Recanto de Arte e Maxia | A partir de 5 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal 
  • Venres, 15 de marzo
    • 17.15 h Obradoiro de cociña e contos. Máxica cociña: a receita das bruxas de Reviravolta Espazo Gastro. No Recinto feiral | De 4 a 10 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal  
    • 18.00 h Sesión de contos. Contos de meigas de Paula Carballeira no Recinto feiral | Público familiar
  • Sábado, 16 de marzo:  11.30 h Gabinete de curiosidades. As cousas que non vemos de Itziar Ezquieta no Recanto de Arte e Maxia | A partir de 5 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal 
  • Domingo 17 de marzo:
    • 11.30 h Obradoiro de comic. Meigatas de Paula Cheshire no Recanto BD | A partir de 8 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal 
    • 12.00 h Cinema no Principal Nicky, a aprendiz de bruxa de Hayao Miyazaki | Cineclube Pontevedra Teatro Principal | Familias con crianzas + de 5 anos 101 min | Acceso libre ata completar cabida
    • 12.30 h Espectáculo de maxia Magos e magas na literatura de Magia en la Manga no Recinto feiral | Público familiar

No marco da Escola Feminista da Mocidade (Oficina de Xuventude) vanse celebrar 2 actividades: (IDADES: preferencia 15-35 anos. As persoas maiores desta idade poden facer a solicitude igualmente) 

  • Curso de historia dos movementos feministas.
    • A Cuarta Ola do movemento feminista. Os movementos feministas ata a actualidade. Ecofeminismos e feminismos interseccionais e poscoloniais.
    • Horario: 17.00-20.00
    • Datas: Martes 12, 19 e 26 marzo 2024
    • Imparte: Iria Vázquez Silva, profesora de Socioloxía da UVigo e experta en xénero
  • Obradoiro “Como axudo? modos de acompañamento nas violencias machistas
    • Modos de acompañamento a afectadas por violencias machistas: estratexias de comunicación. Procesos, achegas e comportamentos para acompañar. Recursos
    • Horario: 10.00-20.00 (con descanso a mediodía)
    • Data: sábado 9 de marzo 2024
  • Preisncrición para ambas actividades en https://apuntate.pontevedra.gal/

Actividades nos centros educativos 

No mes de abril volverán aos centros de Educación Infantil e Primaria do Concello os Contacontos « Somos igualis, contos para a igualdade » despois do éxito de anteriores convocatorias.


Actividades para 2º ciclo de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos de Formación Profesional ao longo dos meses de abril, maio e xuño.

Vanse ofrecer a todos os centros diversas actividades deseñadasen función das idades ás que van dirixidas para traballar temáticas variadas como a formación en valores e actitudes de igualdade libres de estereotipos, a mellora da propia estima, a autonomía de criterio e o pensamento crítico, a identificación das relacións afectivas desde o respecto e a equidade, a prevención da violencia de xénero a través das redes sociais, a educación sexo-afectiva saudable e positiva, a creación de contidos plurais, diversos e igualitarios en redes ou a prevención das violencias sexuais.

  • Obradoiros “Machismo Game Over”, “Xincana da corresponsabilidade” e “Sexualidade con I de igualdade” para Educación Primaria.
  • Obradoiros “Gamers e influencers”, “Hackeando o machismo” e “O buzón vermello” para Educación Secundaria e Formación Básica.
  • Obradoiros “Error 404: Igualdade not found”, “Trivial, canto sabes de educación sexual?” e “Outra charla de igualdade?” para Bacharelato e ciclos de Formación Profesional.
Está pasando!