Tempo de Nadal | © Concello de Pontevedra

Pontevedra reforza a súa programación de Nadal nas vacacións dos escolares

21 Decembro 2021

Nas vésperas das vacacións de Nadal dos escolares de Pontevedra, a programación da Concellaría de Festas reforza a súa presenza na rúa da cidade e nas parroquias do rural con moitas actividades até o día de Nadal, cando comezará unha nova parte da programación.

Até o día 25 de decembro poderase ver ao Apalpador, o Concerto da banda de música de Salcedo e de Pontevedra, o concerto de Nadal de Xeración Sónica, ou os espectáculos Burbullas de Nadal, Frosty e Vaia Frío! Nas rúas e nos locais sociais do rural.

  • Hoxe, ás 18.00 horas, o Apalpador e Apalpadora xigantes percorrerán a rúa Eduardo Pondal.
  • O mércores, 22 de decembro, o Pazo da Cultura acollerá o tradicional concerto de Nadal da Banda de Música de Salcedo. Será a partir das 20.30 horas.
  • O xoves, 23 de decembro
    • Está previsto o espectáculo Frosty en Rosalía de Castro a partir das 12.00 horas.
    • O Local social do Gorgullón acolle, ás 17.00 horas, o espectáculo Vaia Frío!
    • O concerto de Nadal de Xeración Sónica será ás 19.00 horas na Praza de Ourense.
    • Xa ás 20.30 horas a música trasladarase ao Pazo da Cultura onde se celebrará o tradicional concerto da Banda de Música de Pontevedra.
  • O día de Noiteboa as propostas de Nadal trasládanse
    • Á parroquia de Ponte Sampaio onde se celebrará o espectáculo Burbullas do Nadal a partir das 16.30 horas no Local Social.
    • Tamén Casa da Cultura de Cons-Mourente volverá a representarse Vaia Frío! A partir das 17.00 horas.

Consulta toda a programación de Tempo de Nadal neste enlace.

Está pasando!