Ponteverán oferta preto de 400 prazas de ocio alternativo

12 Xullo 2020

Ponteverán, o programa de ocio xuvenil para a mocidade durante o verán, tampouco se cancela. A inscrición deberá realizarse a través da web apuntate.pontevedra.gal.

Cada actividade está orientada a un rango específico de idade, que en conxunto abrangue desde os 5 aos 30 anos, e terán preferencia as persoas residentes no Concello de Pontevedra. En total, o número de prazas ofertadas está ao redor das 400 e o investimento neste programa ascende a 18.000 euros.

Para asignar praza non primará a orde pre-inscrición senón se que cada persoa interesada poderá facer o número de solicitudes que desexe, mais a organización procurará unha asignación de prazas o máis equitativa posible para que ao menos cada neno ou nena, moza ou mozo participe nalgunha das actividades. De chegar o caso, e como último recurso, realizaranse sorteos de prazas.

Nesta edición, e atendendo á situación sanitaria, estableceranse as normas de prevención e hixiene e distanciamento social, os grupos serán reducidos, priorizaranse actividades ao aire libre, e nas actividades que requiren desprazamento elimínase a opción do transporte colectivo.

Ao igual que en anteriores edicións, todas as actividades son gratuítas e pretenden favorecer o desenvolvemento persoal das persoas participantes a través de valores positivos de inclusión, respecto, creatividade,  hixiene, esforzo e igualdade.

 

CULTURA E AIRE LIBRE

8-12 anos

– Campamento urbano ‘Corpos’: 20-24 de xullo (9:30 -13:30)

– Campamento urbano ‘Kamishibai: contos na rúa’: 3-7 agosto (9:30-13:30)

9-15 anos

– Curso de iniciación ao piragüismo en Ponte Sampaio: 6-17 xullo (12:30-14:00)
– Curso de iniciación ao piragüismo en Ponte Sampaio: 20-31 xullo (12:30-14:00)

12-15 anos

– Campamento urbano ‘Movemento: 27-31 xullo (9:30-13:30)

13-17 anos

– Multiaventura “Pontevedra polos 4 costados’: 13-17 xullo (10:00-14:00)

13-30 anos

– Obradoiro de graffiti no Gafos: 21,23,28 e 30 xullo (11:00-13:00)

– Torneo PvP POKEMON GO: Liga Cliffhader: 9 xullo (11:00-13:00)

– Noite europea dos morcegos: 29 agosto (21:00-23:00)

16-30 anos

– Observación astromómica no miradoiro do Verduxo: 8 agosto (22:00-01:00)

– Achegamento ás aves e roteiro polo Lérez: 29,30 e 31 xullo (11:00-13:30)

– Roteiro Cultural polo Camposanto de San Amaro (diurno): 24 xullo (20:00-22:00)

– Roteiro Cultural polo Camposanto de San Amaro (nocturno): 24 xullo (22:30-00:30)

18-30 anos

– Observación astronómica no observatorio de Cotobade: 14 agosto (22:00-01:00)

– Roteiro en kaiak polo Lérez: 12 xullo (10:00-12:30)

– Roteiro en kaiak polo Lérez: 8 agosto (10:00-12:30)

Todas as idades, a partir de 5 anos

– Xornada de orientación urbana no Centro Histórico:  15 agosto (9:00-14:00)

 

CULTURA DIXITAL

8-12 anos (9:30-13:30h)

– Holografía e realidade virutal: 6-10 xullo

– Robótica: 13-17 xullo

– Programación: 20-24 xullo

– Impresión 3D: 27-31 xullo

13-18 anos (9:30-13:30h)

– Creación APPs para móbiles: 6-10 xullo

– IOT Internet das cousas: 13-17 xullo

– Impresión 3D: 20-24 xullo

– Programación: 27-31 xullo

13-30 anos (12:00-13:30h)

– Informática: presentacións off e online: 1-16 xullo (martes, mércores e xoves)

– Informática: deseño de carteis e folletos (SCRIBUS): 21 xullo-6 agosto (martes mércores e xoves)

– Informática: os meus datos na nuve e seguridade na rede: 11-27 agosto (martes, mércores e xoves)

 

Está pasando!