Elena Gallego Abad presenta o libro ‘El legado de la niña de la sal’ no Museo Manuel Torres de Marín onde manterá unha conversa sobre a obra coa actriz Mayka Braña 

7 Xuño 2023

A xornalista e escritora Elena Gallego Abad presenta a súa novela “El legado de la niña de la sal” o venres dia 9 de xuño as 20.00 horas no Museo Manuel Torres de Marín onde manterá unha conversa sobre a obra coa actriz Mayka Braña. 

O acto está organizado polo Ateneo Santa Cecilia coa colaboración do Concello de Marín. 


“Cando Inés lle prometeu a súa nai ler os seus cadernos e escribir o libro sobre a súa vida, non podía imaxinar o alcance do seu legado.  Ao abrir o primeiro dos cadernos manuscritos, a memoria devolveulle a imaxe de Carme, trinta anos mais nova escribindo sen parar sobre a mesa da cociña. Fixou a mirada na caligrafía coñecida como se puidese revivir a nai xa ausente para sempre e o que empezou a ler deixouna enganchada a un pasado e a unha vida para ela completamente descoñecidos”

‘El legado de la niña de la sal’ é o relato real de unha orfa, a súa nai, a que lle tocou  loitar pola supervivencia, un pequeno gran drama que aconteceu nos anos posteriores  ao remate da Guerra Civil.

“Naqueles anos moitas familias perderon todo o que tiñan, algúns incluso a vida,  mentres outras se facían con moito diñeiro e bens. Para prosperar algúns de eses novos “ricos” sen escrúpulos nin cultura non dubidaron en aproveitarse de persoas inocentes e desvalidas coma min”.

“Se os vivos ignoran o que aconteceu, consulta o que deixaron escrito os mortos” .

Está pasando!