© Concello de Redondela

Redondela adía para o 1 e 2 de outubro o XXII Festival de Artistas de Rúa e o Shopping Day ante as desfavorables previsións meteorolóxicas

24 Setembro 2021

Ámbalas dúas actividades trasládanse aos días 1 e 2 de outubro manténdose unicamente o espectáculo da compañía burgalesa Titiritantes con ‘Ulterior, a viaxe’.

O Concello de Redondela vén de anunciar hoxe o adiamento do XXII Festival de Artistas de Rúa e os Shopping Days que tería que desenvolverse este venres 24 e sábado 25 de setembro.

As malas previsións meteorolóxicas para a fin de semana obrigan ao Concello e a Asociación de Comerciantes de Redondela a aprazar a cita para os vindeiros 1 e 2 de outubro.

Para esta fin de semana, tal e como explica a concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, “tan só mantense o espectáculo da compañía Tiritantes, chegada de Burgos co seu espectáculo Ulterior, a viaxe o sábado 24 ás 18 horas”

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou que, coas malas condicións meteorolóxicas previstas para a fin de semana, tanto o Festival de Artistas de Rúa coma o Shopping Days, “quedarían totalmente desvirtuados ao ser eventos para vivir nas rúas, cousa que a choiva faría pouco menos que imposible”.

Está pasando!