Presentación da XXXVI Festa do Choco | © Concello de Redondela

Redondela celebra a XXXVI Festa do Choco recuperando as grandes verbenas e a Carpa de Degustación

2 Maio 2023

  • Na presentación do programa da XXXVI Festa do Choco destacouse a recuperación das grandes verbenas e a Carpa de Degustación
  • Mantélense as xornadas gatronómicas iniciadas na pandemia coa colaboración da hostalería do 8 ao 14 de maio

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e os representantes das asociacións e hostaleiros que participan na XXXVI da Festa do Choco presentaron as propostas e novidades deste ano nunha rolda de prensa na Praza do Concello.

“Trátase dunha edición especial, na que recuperamos o formato tradicional, coa instalación da Carpa de Degustación e promoción no campo da Feira, pero na que tamén queremos apostar polo  formato desenvolvido durante os anos de pandemia, nos que os establecementos hostaleiros convertéronse nos protagonistas”, explicaba a alcaldesa Digna Rivas durante a presentación ante a prensa da XXXVI Festa do Choco na Praza do Concello.

Esta edición conta cunha amplísima e variada programación cultural, na que o público poderá desfrutar de actuacións musicais, baile e actividades variadas, durante os catro días de celebración. “Por suposto, durante estas xornadas, o noso protagonista será o Choco de Redondela, o noso produto por excelencia, o mellor choco do mundo, capturada nas augas tranquilas da nosa Enseada de San Simón”, engadía Rivas.

Redondela convértese no lugar perfecto para degustar as mellores receitas preparadas con mimo, pratos que queren mostrar a tradición e a innovación, onde non faltará a empanada de millo, o exquisito arroz con chocos ou os choquiños na súa tinta.

A rexedora local aproveitou a oportunidade para recordar a unha das figuras imprescindibles na consecución do éxito da festa, Juan Antón, José Barciela “Pucho”, falecido o pasado ano, un dos fundadores no ano 1987 da Festa do Choco da man doutros hostaleiros da Vila.

Entre os participantes desta edición atopamos na carpa a: VIGO E OS CATRO ELEMENTOS, RESTAURANTE O TRANQUILO, RESTAURANTE CASA CHANO, PANADERIA LUISA, LA CHARRUANA, PALADARQUESO e ANAQUEL GOUMERT. Os participantes locais nas xornadas gastronómicas atópanse os bares e restaurantes: GASTRO BAR, ADEGA, ANTOLIN, CASA CONSEJO, CASA MUCHA, MERAKI, NOVO ROYALTY, OS AMIGOS, O XANTAR DE OTELO, CAFETERIA TAPERIA PATRI, RESTAURANTE LEMOS, PIZZERIA BOS AIRES e A COVA.

Igual que o ano anterior, a empresa local Eurored é a encargada de engalanar as rúas para a celebración.  Digna Rivas destacou o traballo que, “neste cometido, está a desenvolver a empresa local Eurored” e agradeceu “aos seus propietarios e ao seu director a colaboración e axuda que nos adican cada ano que esperamos sexa unha relación que continúe moitos anos máis”. Eurored fornecerá e colocará, de balde para o concello, redes e demais apeos mariñeiros nas prazas da vila, Para rematar, Digna Rivas quixo “agradecer a todas as persoas que fan posible esta festa. para este goberno é moi importante a colaboración con empresas locais, por ese motivo celebran a participación, un ano máis, da empresa Eurored e o desenvolvemento da actividade Redondela Mariñeira da man de Amarturmar” e desexou que “esta XXXVI Festa do Choco sexa un éxito e continúe a consolidar a Redondela como un dos concellos referentes na gastronomía e consumo de produtos galegos”.


PROGRAMA DE ACTIVIDADES

O programa de actividades de rúa arrinca por todo o alto o xoves 11 de maio coa orquestra Panorama no Campo da Feira ás 22:00 horas. “Esta ano recupéranse as grandes verbenas, un evento popular que poderá volver a celebrarse tras a volta a normalidade”, explica Rivas.

A inauguración das actividades gastronómicas comeza o día seguinte, venres 12 de maio, coa apertura da carpa de degustación ás 19:30 horas en horario continuo ata o peche. Ese mesmo día tamén haberá un concerto da orquestra de saxos na Alameda de Castelao ás 20:00 horas e unha actuación do Combo Dominicano no Campo da Feira ás 23:00 horas.

O segundo venres do mes de maio tamén é o día en que arrincan as rutas en barco, cunha visita pola illa e enseada de San Simón e San Antón con saída ás 16:00 e ás 17:00 horas dende o porto de cesantes a un prezo reducido de 5 euros por persoa. Durante o mes de maio celébrase a xa popular actividade Redondela Mariñeira coa Ruta do Choco da man de Amarturmar. Unha actividade que consta de tres rutas novidosas pola Ría: Ruta do Marisqueo a Pé, Ruta do Choco e Ruta do Porto. Estas compleméntanse coas rutas en barco e visitas guiadas a Illa de San Simón e San Antón e a enseada, en distintos horarios. Para as persoas interesadas a reserva previa pode facerse na Oficina de Turismo de Redondela (Rúa Isidoro Queimaliños, 2, 36800 Redondela, Pontevedra) ou no número 986 40 17 13.

O sábado 13 de maio continúa a Carpa de Degustación no Campo da Feira a partir das 10:30 horas en horario continuo ata o peche. Es día súmase unha actuación de Airiños de San na carpa do campo da feira ás 12:30 horas. O sábado será o día que comecen os showcooking. O primeiro showcooking está liderado por David Couñago do restaurante Malasangue, tamén no Campo da Feira a partir da 13:15 horas. O pregón do domingo 14 de maio estará a cargo de Eduardo R. Cunha “Tatán”, Andrés Xiráldez e Luis Borines, de Tanxarina, na carpa do Campo da Feira ás 12:30 horas.

CONSULTA O PROGRAMA COMPLETO EN PDF

Está pasando!