Redondela presenta a programación da Festa da Coca 2022 que se celebrará entre o 15 e 19 de xuño

8 Xuño 2022

O acto inaugural da Festa da Coca 2022 terá lugar o mércores 15 de xuño ás 20 horas, na Praza do Concello, coa lectura do Pregón das Festas a cargo de Pilar Martínez, fundadora da ONG Da Aman. A continuación terá lugar o acto solemne de relevo das Penlas e a homenaxe ás e aos alfombristas María del Camen Iglesias Dos Santos, Fermín Figueroa Veiga, Rosa Soliño Barbeito, María del Pilar González Casas e María Luisa Costal Argibay. No acto tamén será homenaxeado José Ramón Núñez Martínez (Danza das Espadas).

O programa elaborado para esta primeira Festa da Coca pospademia, ten a música como gran protagonista con concertos –todos eles no Campo da Feira– do Grupo América (mércores 15 de xuño, 22 horas); Orquestra Marbella (xoves 16 de xuño, 22 horas); o grupo local Chaleco Reflectante (venres 17 de xuño, 21:30 horas); Dakidarría (venres 17 de xuño, 22 45 horas); Los Secretos (sábado 18 de xuño ás 22 horas); Orquestra Ritmo Joven (sábado 18 de xuño ás 23:45 horas); e finalmente El Combo Dominicano (domingo 19 de xuño ás 22 horas).

Doutra banda, a Orquestra de Saxos de Redondela ofrecerá un concerto o mércores 15 de xuño ás 19:30 horas na Praza do Concello, mentres que unha das músicas máis tradicionais, como é a música de banda, terá un claro protagonismo cos concertos que na Alameda Castelao ofrezcan a Banda de Música Municipal de Redondela (xoves 16 de xuño, ás 18 horas); Banda de Música de Arcade (sábado 18 de xuño ás 18 horas) e Banda de Música de Chapela (domingo 19 de xuño ás 18 horas).

Na noite do mércores 15 de xuño ao xoves 16 de xuño, terá lugar a confección das tradicionais alfombras de flores que encherán novamente as rúas redondelás de colorido e aromas florais e que permitirán que, o xoves 16 de xuño, Redondela esperte adobiada de auténticos tapices naturais para dar chegada a un día cargado de actos. Ás 12 horas terá lugar o Desfile da Coca, cos Mordomos e Dianiños acompañada por Xigantes e Cabezudos e o grupo de gaitas Son do Castro. Logo da Misa Maior (Igrexa de Santiago de Redondela ás 12 horas) terá lugar a Procesión polas rúas adornadas coas alfombras de flores, acompañada pola Banda de Música de Redondela e deseguido A Danza das Espadas e das Penlas na Praza da Constitución.

As alfombras florais tamén serán protagonistas o sábado 18 de xuño xa que será cando se elaboren nas rúas de Vilavella.

PROGRAMA PDF


Está pasando!