Regresan as saídas de navegación pola costa da Guarda co volanteiro Piueiro durante este verán

4 Xullo 2023

O prazo de inscrición abrirase o domingo anterior ás saídas desa mesma semana


No ano 2019 a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda presentou o volanteiro Piueiro tras meses de traballo no estaleiro do Pasaxe para construír esta gran embarcación que navegou a vela pola costa guardesa ata comezos do século XX.

O Concello da Guarda colabora un ano máis coa Asociación Piueiro e durante os meses de verán vanse ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co Volanteiro Piueiro para aqueles que queiran descubrir esta embarcación a vela que incluirá ademais de navegación polo exterior do porto.

Ademais do patrocinio das saídas, o Concello da Guarda xestionará as reservas das saídas a través da Oficina de Turismo (Praza do Reló) que conta cun horario de apertura de luns a domingo.

O prazo de inscrición abrirase o domingo anterior ás saídas desa mesma semana e poderase realizar presencialmente na Oficina de Turismo, mediante mail aguarda.oficina.turismo@gmail.com ou chamando ao teléfono 986 61 45 46 a partir das 10:00 horas, horario de apertura do domingo.



Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos. Recordase que é preciso estar 15 minutos antes da saída no peirao do porto (escaleiras do muelle alto) e a saída terá unha duración aproximada de 45 minutos.

Estas saídas de navegación comezaron esta pasada fin de semana coincidindo da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. Os horarios previstos das saídas diarias son 17:00, 18:00 e 19:00 horas e das datas previstas segundo semana son:

Xullo:

  • Martes 4 e venres 7
  • Mércores 12 e sábado 15
  • Martes 18 e venres 21
  • Mércores 26 e sábado 29

Agosto:

  • Mércores 16 e sábado 19
  • Martes 22 e venres 25
  • Mércores 30

Setembro:

  • Mércores 6 e sábado 9
  • Martes 12 e sábado 15
Está pasando!