REMED celebrará en marzo o I Congreso Internacional de Museos y Estrategias Digitales

20 Febreiro 2021

A Red de Museos y Estrategias Digitales REMED, da que forma parte o Museo de Pontevedra, celebrará online os días 25 e 26 de marzo o I Congreso Internacional de Museos y Estrategias Digitales (CIMED).

REMED creouse a partir da alerta sanitaria desencadeada polo  COVID-19 coa intención de compartir, investigar e documentar os procesos que están a experimentar os museos españois.

O obxectivo principal é crear un grupo de traballo de museos, a nivel estatal, onde debater estes temas coa intención de xerar unha futura investigación á vez de servir de plataforma na que todos os membros poidan consultar estratexias dixitais e outras cuestións referentes a esta nova situación.

A rede está aberta a incorporar a máis investigadores/as, profesionais do ámbito dos museos e outras institucións culturais interesados en participar na rede.

Máis información e inscrición en remed.webs.upv.es/congreso/

Está pasando!