Ribadumia celebrará o 12 de agosto a XX edición da Festa do Pan do Salnés

4 Agosto 2023

O sábado 12 de agosto Ribadumia celebrará a vixésima edición da Festa do Pan do Salnés. Durante a celebración terán lugar dous concursos, un de postres caseiros e outro de elaboración de empanadas con fariña de millo.

Ademais destes concursos, o Concello de Ribadumia tamén informa que na festa haberá unha gran variedade de actividades para todos os públicos, como exhibicións, talleres, música, animación, unha ampla mostra de produtos locais e algunhas sorpresas, ademais da tradicional e multitudinaria cea de confraternidade na Carballeira de Ribadumia.



A programación da XX Festa do Pan do Salnés é a seguinte:

  • De 17:00 a 19:00 h. Recollida de sobremesas elaboradas con pan e empanadas de millo para o XX Concurso de postres caseiros e o XIII Concurso de empanadas de millo.
  • 18:30 h. Obradoiro infantil para coñecer a tradicional elaboración do pan. Nenos e nenas poderán participar en todas as fases de preparación do pan e levar consigo a súa elaboración e un agasallo sorpresa.
  • 19:30 h. Viaxe ó pasado para os nenos e as nenas de hoxe mediante o espectáculo “Muiñada” que permitirá coñecer de onde vimos e non deixar morrer a memoria dos nosos avós e avoas.
  • 20:00 h. Catas dos concursos de sobremesas caseiras e empanadas de millo.
  • 20:30 h. Saída cara os Muíños do Batán acompañados do grupo Xironsa para unha mostra teatral a cargo do grupo Alecrín. A continuación, representación da moenda do millo do país, amasado e mostra de elaboración tradicional do pan de millo.
  • 22:00 h. Volta á Carballeira para a entrega de premios aos finalistas dos concursos, degustación de distintas variedades de pan e cea de confraternidade amenizada con música tradicional. Animación para toda a familia con inchables.
  • 23:30 h. Verbena a cargo do Dúo La Mecánica.
  • 24:00 h. Elaboración e degustación gratuíta de queimada.
  • Venda de ovos fritos con pan a 2€, viño tinto do Salnés a 2,50€ e papas de fariña milla ou chulas a 1€ (ata esgotar existencias).
  • Postos de polbo, pan, empanadas e sobremesas a prezos populares.
  • Haberá espazo para 1.000 persoas (non se reservan mesas).

VEN CARACTERIZADO NA RIBADUMIA DOS ANOS 50!


Está pasando!