Russinha e Parking Dust animarán o Recinto Feiral de Pontevedra as noites desta fin de semana

21 Outubro 2021

O Recinto Feiral de Pontevedra volverá ter música de seu nesta fin de semana. Cunha mirada posta máis cara ás músicas urbanas actuais, o Concello programará entre o venres e o sábado dúas sesións de picadiscos.

Russinha e Parking Dust son os artistas escollidos para ambientar e mesturar cancións. En ambos os dous casos, as actuacións comezarán ás 21.30 e rematarán ás 01.00 horas.

A entrada é libre e os conciertos serán realizados na explanada superior desta dotación municipal.



VENRES 22

Parking Dust, natural de Pontevedra, é un DJ habitual nas sesións nocturnas da cidade, mais tamén nas sesións máis vespertinas. Nas súas actuacións prima o xénero urbano —rap, trap…— de actualidade, sen esquecer as liñas e melodías clásicas do ambiente hiphop.

SÁBADO 23

Russinha, nada en Santiago de Compostela no ano 91, é un exemplo perfecto das novas xeracións de picadiscos que pululan polo país. Cunha enorme curiosidade cultural, a santiaguesa bebe de distintas fontes e referencias, ao mesmo tempo que na súa música, que traballa, a fin de contas, coas mans, logra verter e transmitir esa confluencia de estilos e raíces. Di ela que volveu «á aldea despois de estar na India e agora vivo nunha balea».

Está pasando!