Rutas guiadas nocturnas por Cangas durante o verán

13 Xullo 2020

O Concello de Cangas organiza en colaboración coa Asociación A Illa dos Ratos cinco rutas guiadas nocturnas durante os meses de xullo e agosto.

O programa dará comezo o venres 10 de xullo coa ruta “Cangas e o mar”, continuará o 17 de xullo con “Cangas 1617”, o 24 de xullo con “Casco histórico”, seguiralle “Cangas e o mar” o 31 de xullo e a última das rutas “Rúas con historia”, que se celebrará o venres 7 de agosto.

Todas ás rutas darán comezo ás 21:30 h.

A inscrición é gratuita, pero as plazas son limitadas e deben reservarse por WhatsApp no 611 08 08 53, por email en info@ailladosratos.org ou na web ailladosratos.org

 

A ILLA DOS RATOS

A Illa dos Ratos é unha Asociación de Animación Sociocultural e Turística sen ánimo de lucro que promove rutas e actividades para dinamizar e diversificar a oferta sociocultural e turística na Comarca do Morrazo e a súa contorna.

Está pasando!